viernes, 23 de noviembre de 2012

IDRISS, LA JOVEN DE BUJARÁ

Cando Idriss mira aos ollos daquel mozo, dáse conta de que xa non poderá esquecelo xamais. Pero Idriss atópase atada por unha antiga promesa. Esta novela narra unha historia de amor inspirada en lendas orientais de dúas cidades da ruta da seda. Os lugares, os costumes e as tradicións que se describen son reais; pertencen ás cidades de Damarcanda e Bujará. Escrita á maneira do mil e unhas noites, reflicte tamén a rica cultura das cidades da ruta da seda e reivindica de forma sutil a igualdade entre homes e mulleres alá onde non existe.
Idriss, a moza de Bujará narra unha historia de amor inspirada nas cidades orientais de Samarcanda e Bujará. Os costumes e os lugares que aparecen no libro son auténticos. O libro preséntase ilustrado con fotografías que ilustran a arquitectura e as paraxes onde se sitúa a acción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario