É unha historia entrañable por un autor universal, Charles Dickens, que condena a avaricia e enxalza as máis sinxelas virtudes do fogar.
Publicada a mediados do s. XIX, nárrase a historia do avaro Mr. Scrooge, a quen durante unha xélida Noiteboa, só na súa casa, apareceránselle nunha noite tres espíritos, que representan o seu pasado, o seu presente e o seu futuro. Tras esta visita e tras visionar a soidade e a morte que lle agardan, debido a que non ten amigos nin familia e que se encerrou no seu mundo de avaricia, Mr. Scrooge cambiará o seu modo de ver a vida. A través dos soños que lle sobresaltan, Dickens sabe evocar todas as nostalxias do Nadal. E mostra que a principal calor destes días nace do agarimo nos fogares; manipula con xenio o calafrío e a risa para ofrecer unha mestura deliciosa de fábula do Nadal, conto de medo e sátira de costumes

No hay comentarios:
Publicar un comentario