lunes, 28 de enero de 2013
DRAGAL. A HERDANZA DO DRAGÓN
Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que
chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe,
pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen
pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a
senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado
vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as
portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén
deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e
mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só
grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa
complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer
a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el
moitos séculos atrás. .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario