
O alumnado de 1º e 2º ESO participan hoxe nunha charla de CLASES SEN FUME que terá lugar na aula Manuel Dobarro. É un concurso europeo para a prevención do tabaquismo dirixido a escolares
(mozos e mozas de 12 a 14 anos de idade).
A competición baséase
- no compromiso colectivo de toda a
clase e o seu educador/a de manterse sen fumar durante un período de 6 meses consecutivos durante o curso escolar
- na responsabilidade e confianza mutuas de todos eles
- e no desenvolvemento dunhas actividades na aula
As clases que conseguen chegar ao final da competición optan a varios premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario