
O misterioso Dr. Saa recupera a historia de Manuel Rodríguez Saa, un
lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona
internacional como ilusionista. Algúns dos persoeiros máis relevantes da
súa época (da política, a cultura, a aristocracia) presenciaron as
habilidades máxicas do Dr. Saa, tamén coñecido como Conde de Waldemar. O
seu itinerario vital e profesional levouno polos confíns do mundo,
sendo testemuña directa de boa parte dos relatos da historia do seu
tempo e colleitando numerosos éxitos nos escenarios máis destacados.A
través dos recordos de parentes e amigos do Dr. Saa, así como das
múltiplesreferencias ás súas actuacións na prensa da época, Xosé Díaz
Díaz e Belén Fernández Guzmán recompilaron a información necesaria para
render con esta obra unha cumprida homenaxe á memoria e lenda do home e
do artista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario