lunes, 24 de noviembre de 2014

2º bloque de preguntas

A continuación publicamos as 2 preguntas correspondentes ao 2º bloque (do luns 24 ata o venres 28 de novembro).
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación desta primeira fase do concurso, faranse públicas o domingo 30 de novembro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón. 


As preguntas son as seguintes:


1. Busca na nosa biblioteca o libro que corresponda coa CDU: 796-AV-cic e explica que decisión tomou a UCI (Unión Ciclista Internacional) no 2012 con respecto ao deportista que aparece na portada.


2. Busca na nosa biblioteca o Manual de Primeros Auxilios de Cruz Roja Española e averigua que significan as siglas PAS que aparecen no 4º capítulo dese libro.

10 comentarios:

  1. 1. A USADA (Axencia Antidopaxe de Estados Unidos) decidiu retirarlle os seus sete títulos do Tour de Francia a Lance Armstrong por dopaxe pero a UCI ratificou esta decisión.
    2. Protexer Avisar Socorrer

    ResponderEliminar
  2. Resposta 1 - Desposúeo dos seus sete títulos no Tour de Francia.

    Resposta 2 - Protexer, avisar e socorrer.

    ResponderEliminar
  3. 1.No 2012, a UCI, quitoulle a Lance Armstrong sete títulos do Tour de Francia por doparse.
    2.PAS= Protexer, Avisar e Socorrer.

    ResponderEliminar
  4. Equipo A .PAS. Protexer,avisar,socorrer

    ResponderEliminar
  5. 1-O deportista é Lance Armstrong e a decisión que tomou a UCI no 2012 con respecto a este deportista foi retirarlle todos os seus títulos de ciclismo por dopaxe.
    2-Protexer Alertar Socorrer (PAS)

    ResponderEliminar
  6. 1-
    A UCI fai efectiva a sanción de por vida e despaseono dos seus sete títulos, aceptando así a proposta da axencia estadounidense. Sancionaron por doparse (drogarse) dende o ano 1998 ao 2011.
    2-
    P- Proteger
    A- Avisar
    S- Socorrer

    ResponderEliminar
  7. 1- Sacarlle os sete Tours de Francia e o diñeiro gañado nas probas.
    2- Protexer, avisar e socorrer.

    ResponderEliminar
  8. 1. A UCI sanciona a perpetuidade a Lance Armstrong e quítanlle os sete Tours de Francia.
    2. Protexer Avisar Socorrer.

    ResponderEliminar
  9. 1.A UCI sanciona a Lance Armstrong por perpetuidade e quítanlle os sete Tours de Francia.
    2.Protexer Avisar Socorrer.

    ResponderEliminar
  10. 1. A retirada de sete títulos conquistados no Tour de Francia e suspenso de por vida no ciclismo.
    2. Protexer, avisar e socorrer.

    ResponderEliminar