O pasado venres fomos presentar o Proxecto "Tattoos da Galiza" ao Museo do Pobo Galego, a Santiago. Foi moi ben a cousa! Fixemos unha explicación do proxecto e proxectamos as 160 tatuaxes recibidas. Ademais, falou sobre o deseño gráfico dos tattos Pancho Lapeña, un deseñador de primeira categoría. E fixemos públicos os premios aos 6 tattoos que máis nos gustaron e entregamos os agasallos ás persoas que viñeron recollelos. O certo é que o pasamos moi ben, mesmo cantamos nun karaoke improvisado a Sés e a Pili Pampín! Despois do acto no Museo do Pobo fomos ao Bar Silveira, na Praza de Mazarelos, onde Pancho Lapeña nos contou algunhas cousas sobre o deseño de interiores do bar, cheo de obxectos relacionados coa historia do deseño gráfico galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario