No Auditorio asistimos á representación con monicreques da historia da Guerra de Troia.
No Museo de Historia Natural ubicado no fermoso parque de Vista Alegre visitamos a súa exposición permanente: biodiversidade terrestre (fauna, selva, sabana...) e acuática (fraga, augas continentais...), a xeodiversidade (minerais, rochas, solos...), etc.
O Museo foi inaugurado recentemente na súa nova ubicación, e o profesor do noso centro Séchu Sende foi un dos primeiros en visitalo, quedando abraiado co que alí está exposto. E por iso decidiu escribir un diario sobre as anécdotas que viviu durante eses días en relación co que alí descubriu e que espertou o seu interese: unha donicela, unha vértebra de balea... O alumnado que participou na actividade tivo a ocasión de ler eses escritos a modo de diario para poder poñerse en antecedentes do que, en parte, ían atopar alí. Buscamos e buscamos a donicela que deseñou Séchu para A donicela do pai de Celestino... e atopámola agochadiña entre unhas plantas de ribeira. Aquí vos deixamos o deseño de Séchu e a foto que lle fixemos nós:
Por outro lado, o alumnado de 2º de Bacharelato fixo unha visita á Catedral: cubertas, museo, arredores... e isto foi o que viron:
No hay comentarios:
Publicar un comentario