Este
venres 19 proxectouse no noso centro “Ronald Figueiredo, axente segredo”, un
filme redescuberto polo Clube da Lingua cando realizaba unha
actividade de recolla de información sobre as covas e subterráneos de Vila de
Cruces.
O
filme, realizado nos anos 80 por un grupo de activistas culturais das Cruces,
aborda o tema da identidade galega a través dunha trama detectivesca que toma
como punto de partida un achado arqueolóxico. A obra foi cedida ao IES
"Marco do Camballón" polos integrantes de "Produccións
Cotonudo", Rafael Martínez e Tito Pampín.
A
trama delirante, os escenarios, á vez familiares e estraños polo efecto do paso
do tempo, e a presenza de persoas coñecidas da vila co aspecto que tiñan 30
anos atrás, mantiveron o público do noso centro entre asombrado, expectante e
divertido.
Aquí
vos deixamos algunhas fotos e o enlace á entrada de Palabras de Pedra onde atoparedes toda a información que
precisedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario