lunes, 12 de enero de 2015

CambaNet 3ª Fase

Despois de recargar as baterías durante as vacacións de Nadal, retomamos o CambaNet da man do departamento de Relixión que no propón as seguintes preguntas que poderemos responder ata o venres 16 de xaneiro.
Lembrade que para respondelas debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.

A puntuación será a seguinte:
  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación desta terceira fase do concurso, faranse públicas o domingo 18 de xaneiro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón. 


As preguntas son as seguintes:


1-Na nosa biblioteca hai un libro de Javier Sierra en cuxa portada aparece un famoso cadro relativo a un acontecemento importante da vida de Xesús. Cal foi este acontecemento? Quen foi o autor do cadro? En que lugar e localidade se exhibe o cadro orixinal?


2-No Evanxeo de Mateo 4, 18-25 fálase de dous irmáns: Santiago e Xoán, fillos de Salomé. Investiga:
             a) Cal era o nome do seu pai? 
         b) Que apelativo recibían? Pista: o apelativo coincide co título da obra que ten a CDU: N-LAL-hij.


7 comentarios:

  1. 1-
    A última cea, Leonardo da Vinci, Museo do Prado, Madrid
    2-
    a) Zebedeo
    b)Os fillos do trono

    ResponderEliminar
  2. 1.A última cea. Leonardo da Vinci. No refectorio do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán, Italia.
    2.a) Zebedeo.
    b) Fillos do Trono.

    ResponderEliminar
  3. Resposta 1 - A Derradeira Cea. Leonardo da Vinci. Atópase no convento dominicano de Santa Maria delle Grazie en Milán (Italia).

    Resposta 2 - a) Zebedeo.
    b) Os fillos do trono.

    ResponderEliminar
  4. 1. A última cea de Leonardo da Vinci.
    Lugar: Santa María das Gracias
    Localidade: Milán
    2. a) Zebedeo b) Fillos do trono

    ResponderEliminar
  5. 1. A última cea de Leonardo da Vinci.
    Lugar: Santa María das Gracias
    Localidade: Milán
    2. a) Zebedeo b) Fillos do trono

    ResponderEliminar
  6. 1.O acontecemento foi A Última Cea. O autor é Leonardo da Vinci. Exhíbese no comedor do convento dominico de Santa María delle Grazie Milan.
    2. O nome do seu pai é Zebedeo. O apelativo que recibían era "Fillos do Trono".

    ResponderEliminar
  7. 1.
    - "A Última Cea"
    -Leonardo da Vinci
    - No comedor do convento de "Santa María delle Grazie" en Milán.

    2.
    a) Zebedeo
    b) Fillos do trono

    ResponderEliminar