lunes, 19 de enero de 2015

CambaNet 4ª Fase




A continuación publicamos as 2 preguntas propostas polo Departamento de Ciencias Sociais que deberedes responder entre o luns 19 e o venres 23 de xaneiro.
Lembrade que para respondelas tedes que enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades dentro do prazo marcado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:

  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación desta cuarta fase do concurso, faranse públicas o domingo 25 de xaneiro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón. 


As preguntas son as seguintes:

1. Na nosa biblioteca hai un libro sobre Leonardo da Vinci titulado Leonardo, el vuelo de la mente. Como se titula a obra que aparece na páxina 274? En que data foi realizada?


2. No libro Marco Polo, la ruta de las maravillas fálase da ruta da seda. Que especias chegaban a través desa ruta? En que páxina do libro aparecen?


7 comentarios:

  1. Resposta 1 - O Home de Vitruvio.1492.

    Resposta 2 - Pementa branca, cardamomo, noz moscada, azafrán, cravo e xenxibre. Páxina 48.

    ResponderEliminar
  2. 1-
    O home de Vitruvio. 1487
    2-
    Pementa branca, cardomo, noz mosacada, azafrán, cravo e xenxibre. Aparece na páxina 48.

    ResponderEliminar
  3. 1. O Home de Vitruvio. Fecha: 1490
    2. Pementa branca, cardamomo, noz moscada, azafrán, cravo e xenxibre. Páx. 48

    ResponderEliminar
  4. 1.O Home de Vitruvio, en torno ao ano 1490.
    2.Pementa branca, cardamomo, noz moscada, azafrán, cravo e xenxibre. Aparecen na páxina 48.

    ResponderEliminar
  5. 1- O "Home de Vitruvio" ano 1490
    2- Pementa branca, pementa, noz moscada,azafrán, canela, xenxibre, cardamomo cravo páx 48

    ResponderEliminar
  6. 1. O "Home de Vitruvio". Foi realizado en 1490.
    2. As especies son: canela, noz moscada, pementa branca, cardamomo, azafrán, xenxibre e cravo.

    ResponderEliminar
  7. 1. O "Home de Vitruvio"
    Ano: 1490

    2. Especias: pementa, pementa branca, azafrán, cravo, xenxibre, cardamomo, noz moscada e canela.
    Páxina 48.

    ResponderEliminar