lunes, 2 de febrero de 2015

2º Bloque 5ª fase

      A continuación publicamos as preguntas correspondentes ao 2º bloque da 5ª fase do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 2 e o venres 6 de febreiro. 
   Lembrade que para responder as preguntas deste 2º bloque debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
       
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:

  • Cada resposta correcta: 5 puntos
  • Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
  • Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación do 2º bloque da quinta fase do concurso, faranse públicas o domingo 8 de febreiro.

Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón

As preguntas son as seguintes:


1. Que actor galego participa na película da directora Iciar Bollaín, producida no ano 2003 e que podes atopar na nosa biblioteca, sobre  maltrato a mulleres.


2. Indica o título de tres películas recomendadas por Amnistía Internacional no seu catálogo sobre material audiovisual “O meu corpo os meus dereitos”.




6 comentarios:

  1. 1.Luís Tosar
    2.Non teñas medo, A bicicleta verde, ABC África

    ResponderEliminar
  2. 1. Luis Tosar
    2. Big Fish
    Billy Elliot
    Corazón de tinta

    ResponderEliminar
  3. 1- Luis Tosar

    2- Water (Auga)
    - A bicicleta verde
    - A vida segreda das palabras

    ResponderEliminar
  4. Resposta 1 - Luís Tosar.

    Resposta 2 - ~Anulada~

    ResponderEliminar