domingo, 1 de febrero de 2015

Concurso Odisea e Gran Festa Grega

Este ano participaron no Concurso Odisea 2015 catro equipos do Camballón:


OLLO DE SAURON (Laura, Brais e Sandra de 4º ESO)


BASILISCO (Marcos, Marina e Tania de 4º ESO)


CALIPSO (Tamara e Carla de 1º BACH)


e  ILUSSIA (Alba e Miriam de 1º BACH)

Foi unha semana de intenso traballo buscando respostas que ás veces se nos atragoaban...



pero aprendemos moito e pasamos ratos divertidos...
Tanto, que quixemos compartir esta experiencia con todo o alumnado e profesorado do centro, así que decidimos facer unha festa e aproveitar o día do preguntón para celebrar unha "bacanal" grecolatina na nosa biblioteca.
Meu dito, meu feito. Puxémonos mans á obra: deseñamos unhas invitacións e repartímolas polas aulas.





Decoramos a biblioteca con carteis




e unha grilanda de benvida para a que escollemos un verso de Virxilio que recolle o tema da Odisea deste ano:

"Omnia vincit Amor, et nos cedamus Amori"


Montamos unhas crachas con deseños de Carla Castro para agasallar as persoas que acudisen á cita:



Decoramos un muro na entrada con imaxes de Grecia e frases ou versos que nos gustaron de distintos autores e fixemos un photocall coa imaxe de Dióxenes o cínico e o can Lukániko.
Elaboramos algunha receita grega, galletas e madalenas decoradas con letras gregas, compramos unhas pizzas deliciosas, disfrazámonos de roman@s para facer de anfitrións e anfitrioas



E este foi o resultado de tanto traballo e entusiasmo:



Ademais, un dos equipos concursantes quedou entre os que acadaron a máxima puntuación e participará no desempate do vindeiro mércores.

Moita sorte Calipso!!!



E aquí tedes o Photocall Clásico do Camballón, a ver se vos atopades!!!

Photocall clásico no Camballón 1 on PhotoPeach



Photocall clásico no Camballón 2 on PhotoPeach

Photocall clásico no Camballón 3 on PhotoPeach



No hay comentarios:

Publicar un comentario