A continuación publicamos as preguntas correspondentes ao 2º bloque da 6ª fase do concurso CambaNet que deberedes responder entre o luns 23 e o venres 27 de febreiro.
Lembrade que para responder as preguntas deste 2º bloque debedes enviar un comentario coa resposta a todas elas ou ás que saibades no prazo arriba sinalado. Para enviar o comentario en "Comentar como" debedes seleccionar "Nombre/URL" e escribir o nome do voso equipo no primeiro recadro (o de nome), deixando o resto en branco. É indispensable que figure o nome do equipo para poder puntuar as preguntas.
Recordade tamén que cada equipo só pode realizar un envío.
A puntuación será a seguinte:
- Cada resposta correcta: 5 puntos
- Resposta con 1 falta de ortografía: 4 puntos
- Resposta con máis de 1 falta de ortografía, incorrecta ou fóra de prazo: 0 puntos
As solucións e mais as respostas de todos os grupos, así como a clasificación do 2º bloque da sexta fase do concurso, faranse públicas o domingo 1 de marzo.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
Para resolver posibles dúbidas, consultade as instrucións nesta ligazón.
As preguntas son as seguintes:
1.
Busca no libro da biblioteca titulado Atrévete
a pensar as consecuencias sociais que tivo a sociedade industrial segundo o
filósofo Marx e indica cales son.
2. Na
biblioteca atoparás que outras tradicións filosóficas existen ademais da nosa.
Indica polo menos dúas e, tamén, o título do libro ou libros de onde sacaches a
información. Podes consultalo en obras dos seguintes autores: Jesús Mosterín,
David E. Cooper e Hans Joachim Störing.
1.Creou unha gran desigualdade entre os propietarios e os asalariados. Estes tiñan unhas condicións de vida pésimas: emigraran do campo á cidade e vivían nos suburbios. As condicións de traballo eran moi malas: os obreiros cobraban moi pouco e as mulleres aínda menos, traballaban moitas horas, non había hixiene nin seguridade e explotábase incluso aos nenos.
ResponderEliminar2.Budismo Zen, Taoísmo.
Filosofías do mundo.
Pregunta 1 - A consecuencia foi o xurdir dunha loita de clases entre a burguesía (propietaria das fábricas e outros medios de produción) e os obreiros (proletariado). Ademais, a sociedade convértese en capitalista a cal sostén que será sucedida por un estado proletario no que desaparecerá a propiedade privada e, con ela, a loita de clases.
ResponderEliminarPregunta 2 - O budismo cen (fonte: "filosofías del mundo" de David E. Cooper) ou a filosofía India (fonte: "India: historia del pensamiento" de Jesús Mosterín).
1) - Aparece unha nova clase social: o proletariado, constituída por obreiros.
ResponderEliminar- Os salarios eran moi baixos.
- As mulleres cobraban menos que os homes.
- Permitíase o traballo infantil.
- Non había medidas de seguridade nin de hixiene.
- O manexo de máquinas levou á deshumanización do traballo.
- Vivían nos suburbios das cidades.
2) - Filosofía oriental
-Filosofía islámica
- Libros: "India" e "Filosofías do mundo".