O vindeiro
martes 3 de marzo teremos a
sorte de compartir unha hora e media do noso tempo lectivo con Xurxo Mariño, viaxeiro,
científico e profesor de neurofisioloxía da Universidade da Coruña.
O profesor
Mariño chegou hai uns meses dun percorrido por boa parte do noso planeta, que
comezou en outubro de 2013, e na súa charla "Ciencia, aventuras e
sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" falaranos das súas vivencias e das
experiencias científicas que acumulou ao longo dese tempo e a través dos
espazos descubertos.
Para ir
abrindo boca deixámosvos a ligazón ao blog que mantivo durante o seu periplo,
onde atoparedes informacións variadas, anécdotas, fotografías, impresións...
Ademais,
na nosa biblioteca podedes atopar o seu libro Neurociencia
para Julia, co número de rexistro 6351 e a
CDU 61/MAR/neu.
A charla
vai dirixida ao alumnado de 1º de Bach, 2º e 4º de ESO e comezara ás 12:50 na
aula Manuel Dobarro.
Que
a desfrutedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario