Este xoves 9 de abril desprazámonos co alumnado de 1º e 2º Bacharelato a Santiago para facer unha visita ás instalacións de Meteogalicia. Alí nos explicaron as distintas seccións que forman o centro meteorolóxico, a formación académica que ten o persoal que alí traballa, os aparellos de medición e de predición, o funcionamento do propio centro... Aprendimos un bo feixe de cousas sobre o tema e marchamos encantados e con algún que outro regaliño. Moi agradable e didáctica a visita.
Na segunda parte da mañá acudimos ao CIMUS (Centro de investigación molecular e enfermidades crónicas) onde nos guiaron polas súas instalacións, nos explicaron os distintos equipos para realizar as súas investigacións e os seus proxectos de investigación molecular.
En fin, unha mañá moi produtiva para achegarnos ao mundo da ciencia, ciencia que traballa para facer que a vida humana sexa día tra día máis fácil e que se desenvolva con menos incertezas e riscos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario