Hoxe foi a presentación mundial da primeira boina galega do século XXI, no noso instituto!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgLEzf3MR7C3BkNaOlgBvALSNhjF1LT_1slpi5Qi8iftPm_vvnZ2F8sEgJMlXo5YmMLLVB5r_XVdztcufYUvsfxwTIiNzvfxvGXtzPYfRYBtyYre42-nBpfgYL8nQCYSbtGaPlvd0Su4Q-x/s320/PC180048.JPG)
A artesá Sandra Vilas trouxo as primeiras
boinas que elaborou a man, tres modelos diferentes. Iso si, acabamos de
descubrir que a boina galega ten moitas posibilidades de variación e que
se poden crear moitísimos deseños diferentes, mesmo personalizados. A
boina con espiral azul é un exemplo dos múltiples deseños que se poden
chegar a elaborar, grazas á creatividade da artesá, unha artista de
vangarda.
Parabéns Sandra Vilas e moitas grazas por firmar no noso libro de visitas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario