E como remate de Trimestre, fixemos o festival de Nadal en colaboración ENDL e o Concello, nunha primeira sesión estivemos nunha conferencia sobre o Cosmos e astronomía no Auditorio Xosé Casal e posteriormente o alumnado de 2º ESO estivo facendo unha demostración da Regueifa e improvisación en verso.
miércoles, 21 de diciembre de 2016
martes, 20 de diciembre de 2016
1º Festival de Artes Escénicas e Danza
O primeiro festival de Artes Escénicas e danza tivo a súa orixe nos bos resultados que se estaban obtendo nas diferentes probas que a profesora da materia estaba pedindo aos seus alumnos/as do grupo. Deste xeito a exhibición baseouse nos contidos de: bailes e ritmos latinos, danza moderna, percusión e mimo. Comezamos cun traballo de ritmo con “cups” para dar unha entrada potente ao festival, pasando por unha “rueda cubana” na que participaba practicamente todo o grupo, realizaron dous traballos de percusión, outro máis de “cups” combinado con expresión corporal. Tres alumnos demostraron a súas dotes expresivas en performances individuais de mimo; tamén tivemos coreografías variadas: de zumba, unha preciosa ca música de “Sia” e unha última coa que rematamos o festival ao ritmo de Pharrell Willians. Parabéns para todos os ilusionados alumnos/as que participaron e o deron todo neste primeiro festival de Artes Escénicas e Danza.
Etiquetas:
Artes Escénicas,
Educación Física,
Festival
lunes, 19 de diciembre de 2016
Dragal
Xa estamos mergullados na lectura do libro de Elena Gallego, Dragal I. A herdanza do dragón. Estivemos facendo varias actividades durante este trimestre. Por unha banda visionamos o booktrailer do libro:
O alumnado de 1º ESO fixo unha presentación para que os demais centros soubesen algo de nós.
Decoramos a Biblioteca do noso centro para ambientar as nosas lecturas.
O alumnado de 1º ESO fixo unha presentación para que os demais centros soubesen algo de nós.
Decoramos a Biblioteca do noso centro para ambientar as nosas lecturas.
viernes, 16 de diciembre de 2016
Decoración de Nadal de TAPSD
O alumnado de 1º TAPSD decoraron os corredores do centro empregando material de refugallo. Moitas grazas por este fantástico traballo!!
domingo, 11 de diciembre de 2016
Recomendacións Nadal
Faltando poucos días para disfrutar das vacacións de Nadal, a Biblioteca do Camballón quere facer unhas recomendacións para estes tempos fríos. Disfrutádeas moito!!
viernes, 2 de diciembre de 2016
25 de Novembro: Dia Internacional CONTRA a Violencia de Xénero
O noso centro quixo sumarse, unha vez máis, á loita contra á violencia de xénero. Despois de traballar o tema por titorías nas semanas previas, o 25 saímos ó patio para rexeitar a violencia que sufren as mulleres. aquí tedes unha mostra do acontecido.
NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!
NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!
viernes, 25 de noviembre de 2016
A ciencia no Camballón
Durante este mes de novembro, o departamento de Bioloxía estivo facendo varios traballos de investigación no laboratorio co alumnado de 1º de ESO. Traballaron o manexo do microscopio óptico para logo levar a cabo varias prácticas. A que máis lle chamou a atención foi a que fixeron con algas e protozoos. Aquí vos deixamos o vídeo da próxima xeración de biólogos e biólogas do Camballón!
miércoles, 16 de noviembre de 2016
Gañadores do Toma Castaña!!
Queremos agradecer o participación de todo o alumnado do Camballón no Toma Castaña e os gañadores foron....
mellor equipo da xincana de xogos foi...SELBAN (Lucía, Erika, Silia, Noa e Brais M)
a cabaza máis orixinal...A CABAZA CANÍBAL (Alberto, Roi e Xabi)
a cabaza que máis medo dá.... MEDO (Milagros, Patricia, Carolina, Zaira, María, Bea e Sebas)
As outras categorías quedaron desertas.
Para recoller os premios pasar pola nosa Biblio.
mellor equipo da xincana de xogos foi...SELBAN (Lucía, Erika, Silia, Noa e Brais M)
a cabaza máis orixinal...A CABAZA CANÍBAL (Alberto, Roi e Xabi)
a cabaza que máis medo dá.... MEDO (Milagros, Patricia, Carolina, Zaira, María, Bea e Sebas)
As outras categorías quedaron desertas.
Para recoller os premios pasar pola nosa Biblio.
Parabéns aos gañadores!!
Premio a mell
viernes, 11 de noviembre de 2016
Toma castaña!!
Hoxe, día de San Martiño, nada mellor para celebrar o magosto, que unha xornada de xogos no ximnasio do Camballón e unhas regueifas a cargo do alumnado de 2º de ESO.
Estivemos dúas sesións 38 equipos xogan a: carreiras de sacos e relevos, bolos, torre de Hanoi, poliedros, orde alfabético, círculos, enredo coas mans, cifras, tangram, botella, tres en raia, dominó, cadeiras, pasapalabra, kapla e avión. Tamén houbo concurso de cabazas en varias categorías:
-a que máis medo da.
- a máis traballada.
- a máis divertida.
O premios fallaranse o martes 15/11/2016.
Pero as castaña non so teñen importancia alimenticias senon folclórica e literaria.
Rosalía de Castro, principiaba así o seu poema: “¡TERRA A NOSA!”.
“Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan dose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡Qué contos pracenteiros, qué amorosas
falas se dín alí!”.
O imaxinativo Alvaro Cunqueiro adica istas verbas ós castiñeiros: “Dende os tempos máis remotos, Galicia foi castañeira. Nas iadeiras dos outeiros nosos, e nos vales, medraba o castiñeiro ou castiro, coa sua grande copa románica, coa flor no primeiro verán que chaman recandeo. Logo aparecían os ourizos, que se van facendo pouco a pouco, co tempero ideal que é “en Agosto arder e en Setembro beber”.
Estivemos dúas sesións 38 equipos xogan a: carreiras de sacos e relevos, bolos, torre de Hanoi, poliedros, orde alfabético, círculos, enredo coas mans, cifras, tangram, botella, tres en raia, dominó, cadeiras, pasapalabra, kapla e avión. Tamén houbo concurso de cabazas en varias categorías:
-a que máis medo da.
- a máis traballada.
- a máis divertida.
O premios fallaranse o martes 15/11/2016.
Pero as castaña non so teñen importancia alimenticias senon folclórica e literaria.
Rosalía de Castro, principiaba así o seu poema: “¡TERRA A NOSA!”.
“Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan dose o vivir;
cabe a figueira da paterna casa,
que anos conta sin fin,
¡Qué contos pracenteiros, qué amorosas
falas se dín alí!”.
O imaxinativo Alvaro Cunqueiro adica istas verbas ós castiñeiros: “Dende os tempos máis remotos, Galicia foi castañeira. Nas iadeiras dos outeiros nosos, e nos vales, medraba o castiñeiro ou castiro, coa sua grande copa románica, coa flor no primeiro verán que chaman recandeo. Logo aparecían os ourizos, que se van facendo pouco a pouco, co tempero ideal que é “en Agosto arder e en Setembro beber”.
Rematamos a xornada degustando castañas!!
Aqui queda unha pequena mostra desta xornada.jueves, 3 de noviembre de 2016
Biblioteca Neira Vilas
Coincidindo co día do aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas, o alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca que leva o seu nome no núcleo urbano do concello. Alí recibíronnos Mónica e Elsa que moi amablemente nos explicaron como funcionaba, cales son os recursos que ten e participamos nunha bateria de preguntas sobre Neira Vilas.
Aproveitamos esta visita para facer a tarxeta de socio ou socia. Moitas grazas!!
miércoles, 26 de octubre de 2016
Obradoiro de consumo
O alumnado de 1º de ESO estivo onte en Santiago de visita na Escola Galega de Consumo. Cada 4 alumnos e alumnas crearon un videoxogo nun obradoiro. Tamén puideron asistir a un simulacro de etiquetado de produtos nun supermercado.
Posteriormentes explicáronlle que é e cal foi a orixe do comercio xusto.
Antes de voltar foron visitar as hortas urbanas de Compostela e a zona vella da cidade (Obradoiro, Plaza da Quintana, Platerias, Belvís ....)
Posteriormentes explicáronlle que é e cal foi a orixe do comercio xusto.
Antes de voltar foron visitar as hortas urbanas de Compostela e a zona vella da cidade (Obradoiro, Plaza da Quintana, Platerias, Belvís ....)
lunes, 24 de octubre de 2016
Día das Bibliotecas
Este ano celebramos o día das Bibliotecas presentando aos colaboradores deste curso e poñendo en marcha as carpetas viaxeiras para o alumnado de 1º ESO.
Queremos agradecerlles a Nerea, Nicolás, Breogán, Jesús, Noa, Nuria, Uxía, Roi, Nuria T, Diego e Xiana que cedan o seu tempo libre para axudarnos nas tarefas da Biblioteca. Moitas grazas!!

Queremos agradecerlles a Nerea, Nicolás, Breogán, Jesús, Noa, Nuria, Uxía, Roi, Nuria T, Diego e Xiana que cedan o seu tempo libre para axudarnos nas tarefas da Biblioteca. Moitas grazas!!
jueves, 20 de octubre de 2016
Prácticas de posición de seguridade
O alumnado de 1º de TAPSD estiveron traballando durante este semana a posición de seguridade e a movilización de pacientes.
martes, 18 de octubre de 2016
Taller de Xadrez
O alumnado de 1º ESO participou na primeira sesión de formación de Xadrez a cargo do profesor de Matemáticas Manuel Lugo. Esta actividade tivo lugar na aula de xogos e alí mostrounos dende como colocar as pezas no taboleiro, pasando polos distintos movementos... ata o Xaque mate!!
Nesta xornada reparteuse entre o alumnado un pequeno manual e un marcapáxinas.viernes, 14 de octubre de 2016
Técnicas de estudo
Hoxe tivemos a primeira das tres sesión do Obradoiro de técnicas de estudo para o alumnado de 1º ESO. Agradecer a Salomé a súa colaboración nestas xornadas. Grazas!!
miércoles, 12 de octubre de 2016
Audiovisual
Onte estivo con nós Tereixa, de
Telearqueoloxía, dando un Obradoiro de Audiovisual. Participaron o alumnado de 3º PMAR e 4º ESO.
jueves, 6 de octubre de 2016
A Espada de Brandomés
Hoxe viñeron ao centro David Abella e Saleta González para falarnos de arqueoloxía e "Telearqueoloxía" e da Espada de Brandomés e das espadas da idade de bronce no río Ulla.
Nesta charla estie
Nesta charla estie
martes, 4 de octubre de 2016
Día do Maior
Con motivo da celebración do Día das persoas maiores, que este ano tivo como lema "Visibilizar os nosos maiores", o grupo de primeiro do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependecia quixo aportar o seu gran de área.
Realizouse unha búsqueda de obxectos relacionados co maior, unha chambra conmemorativa, unhas crachas coas figuras dos maiores e uns marcapáxinas coas facianas dos maiores. Estes elementos foron agochados en diferentes lugares do centro, e foi o alumnado de 1º e 2º ESO os encargados de atopalos.
Deste xeito quixemos resaltar a necesidade que teñen os nosos maiores de ser vistos polos máis novos.

Deste xeito quixemos resaltar a necesidade que teñen os nosos maiores de ser vistos polos máis novos.
lunes, 3 de octubre de 2016
Outono no Camballón
Chegou o mes de Outubro e con el os preparativos para o samaín e o magosto. E que mellor modo que empezar por ambientar o noso centro creando ambiente?
Esperamos que moitos poidamos sentarnos aqui e de paso... ollar algún exemplar dos que están na mesa....
A comunidade educativa, fíxonos estas recomendación para este tempo de frío e auga. Esperamos que sexan do voso agrado.
O alumnado de 1º ESO de Iniciación e tratamento da información recopilaron unha serie de receitas con algúns elementos típicos desta época:
Esperamos que moitos poidamos sentarnos aqui e de paso... ollar algún exemplar dos que están na mesa....
A comunidade educativa, fíxonos estas recomendación para este tempo de frío e auga. Esperamos que sexan do voso agrado.
lunes, 26 de septiembre de 2016
Regueifando en Guipúzcoa
Comezamos
o curso viaxando a Euskal Herria para regueifar en Errenteria, ao
Festival de Culturas do Atlántico Atlantikaldia, convidados pola
Casa de Galiza en Donostia.Unha das probas consistía en desenvolver un tema a partir dunha situación flicticia. Unha experiencia única!!
lunes, 19 de septiembre de 2016
Arranca o Club de Lectura
Hoxe arranca o Club de Lectura do Marco do Camballón. Quedades todas e todos invitados a participar. Podedes apuntarvos na nosa Biblio a partir de hoxe.
domingo, 18 de septiembre de 2016
Comezamos unha nova andaina.
Territorio das Artes, con este lema arrancamos este ano as Bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. MINIA REGOS é a creadora do cartel deste curso.
Biblioteca escolar e Abre os ollos convidámosvos a descubrir,explorar e apreciar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a
arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Bo comezo de curso!!
miércoles, 29 de junio de 2016
Festival de fin de curso
Unha pelexa de galos é un desafio improvisado en verso, con base de rap.
Nun momento de expansión brutal do freestyle nas rúas da Galicia, esta pode ser a primeira pelexa de galos en lingua galega. Grazas a Vicente e a Xavi Shadow.
miércoles, 22 de junio de 2016
Descubrindo o laboratorio de Física e Química
O alumnado de 1º ESO foron onte ao laboratorio de Física e Química onde a Profe Chelo lles falou do material que alí tiña senon que lles fixo varios experimentos. As imaxes mostran algunhas das cousas que fixo. Grazas!!
jueves, 16 de junio de 2016
Convenio Concello e Camballón
Onte tivo lugar, na aula Manuel Dobarro, a firma dun convenio entre o Concello, Residencia e Instituto. Deste xeito garantízase ao alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia unha oferta de prácticas e unha saída laboral.
El Faro de Vigo
martes, 14 de junio de 2016
Xornadas de orientación vocacional
Na tarde de onte o alumnado de 4º ESO asistíu na aula Manuel Dobarro a unhas charlas sobre Ciclos Medios, de centros da comarca do Deza. Explicáronlle en que consistían e cales eran as saídas profesionais dos mesmos.
Fernando, o orientador do centro, faloulles da FP de Grao Medio e do Bacharelato.
sábado, 11 de junio de 2016
Convivencia en Cerceda
A piques de rematar o curso, o alumnado Relixión participou nunha xornada de convivencia no parque acuático de Cerceda.
martes, 7 de junio de 2016
Proxectos arteferro
Este é o dossier que elaboraron os alumnos do Ciclo de Soldadura despois de buscar información, diseñar e aplcar os coñecementos adquiridos durante o curso. As creacións son impresionantes. Parabéns!!.
Traballos Alumnado
Receitairo de TAPSD
O módulo de Apoio Domiciliario fixeron como traballo final unha recopilación de receitas realizadas ao longo do curso e da que deixan unha mostra na nosa Biblioteca. Mirade que cousas fixeron.
Noraboa Amelia!!
jueves, 2 de junio de 2016
Recollida de diplomas 1ª movilidade Erasmus+

Hoxe tivo lugar en Pontevedra a recollida de diplomas do alumnado de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería que finalizou a 1ª movilidade Erasmus+ Deputación de Pontevedra, cunha estancia de seis meses en Belfast e unha cuantía de 1600 euros/mes.Ao acto organizado pola Deputación de Pontevedra asistiron dous alumnos que participaron, Diego Filloy e Rafael Viana, o xefe de estudos do centro, Ricardo Rey, e o director, Diego Arias.
Experiencia laboral, mellora da competencia lingüística e maduración persoal son puntos clave deste proxecto.
Á pregunta, repetirías estas experencia? Ambos coinciden en dicir: Sí, sen pensalo.
Gran proxecto e grandes rapaces. Parabén Diego e Rafael!!
Sendeirismo e Orientación en Lalín
O departamento de Educación Física programou unha actividade para os alumnos de 1º de ESO. Foron ata Lalín para facer un xogo de orientación no parque do Auditorio e, logo, un pouco de sendeirismo polo paseo do Pontiñas, rematando no centro comercial para recuperar a enerxía gastada.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Educación Física
miércoles, 1 de junio de 2016
O Ciclo de Soldadura visita en Bilbao a BIEMH
Os alumnos do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería do Marco do Camballón visitan a 29 edición da feira BIEMH (Feria bienal de la máquinas herramientas).
Esta feira, unha das máis importantes deste sector de Europa, ten lugar cada dous anos en Bilbao na BEC. É unha oportunidade única para estes vinte alumnos e tres profesores poder ver os avances tecnolóxicos do sector da fabricación mecánica en xeral.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Bilbao,
Soldadura
Recomendación verán
Bookstrailer en galego
O alumnado de 1º de Bacharelato fixeron estas suxestións de lectura.
Etiquetas:
bookstrailer,
Galego,
recomendacións,
verán
sábado, 28 de mayo de 2016
Graduación de 2º Bacharelato
O alumnado de 2º de Bacharelato remata unha etapa despois de estar moitos deles seis anos no centro. Esperamos que esta nova andaina sexa moi próspera para todos e todas. Parabéns
2016-o5-27 Graduación 2º Bac - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
2016-o5-27 Graduación 2º Bac - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
viernes, 27 de mayo de 2016
Excursión Club de Lectura
Os alumnos e alumnas do Club de Lectura estiveron onte en Pontevedra. Percorreron a zona histórica e comeron na praza da Peregrina. Pola tarde visitaron o Mosteiro de Poio e o de Armenteira e posteriormente foron ata a vila de Combarro.
Mostrando EXCURSIÓN CLUB DE LECTURA 26 DE MAYO DE 2016 indicaciones.docx.
2016-05-26 Club Lectura - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Club de Lectura
Excursión a Manzaneda
O alumnado de 1º e 2º de ESO participou durante 3 días na excursión a Manzaneda Verde. A primeira parada foi en Ourense onde puideron disfrutar dunha camiñata a carón do Miño percorrendo dende as pozas da Chavasqueira, a Ponte do Milenio, a Ponte medieval ata chegar a zona vella da cidade.
En Manzaneda participaron en varias actividades: piscina, cars, cabalos, tiro con arco....
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Educación Física,
Manzaneda
viernes, 20 de mayo de 2016
Letras galegas 2016
O alumnado de primeiro de ESO fixo, para conmemorar as Letras Galegas, unha choiva de poemas de Manuel María e que no día de hoxe recitarán aos seus compañeiros e compañeiras e aos profesores e profesoras. A escolla fixéronna coa profe de Lingua Galega e aquí tedes unha mostra.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Letras Galegas 2016,
Manuel María
sábado, 14 de mayo de 2016
viernes, 13 de mayo de 2016
Visita do alumnado da Primeira Mobilidade Erasmus+
Hoxe tivo lugar na aula Manuel Dobarro a recepción de dous alumnos do Ciclo de Soldadura e Caldeirería que rematou a Primeira Mobilidade Erasmus+ na cidade de Belfast en Reino Unido durante 6 meses. Este programa está solicitado a través dun consorcio entre a Diputación de Pontevedra e varios centros da provincia entre o que se encontra o IES Marco do Camballón. Participa o alumnado que remata o ciclo e ten un período dun ano para poder acollerse a el.

O alumnado conta cunha beca de 1600 euros mensuais e o desprazamento de ida e volta incluídos.
Con este programa o alumnado adáptanse as esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiren aptitudes específicas e experiencia laboral así como unha preparación e actualización da lingua de acollida (neste caso inglesa que é algo que demanda o sector metalúrxico).
Diego Filloy e Rafael Viana contáronnos como foi a súa esperiencia durante a súa estancia na costa este de Irlanda do Norte e tamén respostaron a todas aquelas dúbidas que moitos compañeiros/as do centro.
Parabéns rapaces por esta experiencia irrepetible!!
martes, 10 de mayo de 2016
Reunión Intercentros de Club de lectura

IES Mestre Landín de Marín
CPI de Vedra
IES de Cacheiras
IES Antón Losada de A Estrada
IES Marco do Camballón
Fixemos moitas actividades: comezou cun fermoso video de Video de Manuel Maria, información sobre a danza das espadas, atanques, regueifas, rap
Tareixa Novo, integrante de Fuxan o ventos, estivo na actividade falándonos de Manuel María e cantamos a o poema o Carro así como o Cucu.
Pasámolo xenial!!
domingo, 8 de mayo de 2016
Regueifesta
E chegou a xente que fala euskera a Vila de Cruces e foi un día moi especial. Eskerrik asko!
2016-05-06 Regueifesta - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Mirade que ben o pasamos!!
2016-05-06 Regueifesta - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Mirade que ben o pasamos!!
E como non podía ser doutro xeito, deixaron constancia no caderno de visitas da Biblio.
Moitas grazas!!
martes, 26 de abril de 2016
Miguel de Cervantes
Hoxe realizamos no centro unha serie de actividades para lembrar a figura de Miguel de Cervantes e a súa obra.
O alumnado de 2º Bacharelato fixeron unha lectura compartida co alumnado de 1º de ESO en inglés do libro" The pied Piper of Hamelin" e Tamara Soto interpretou a frauta a melodía. Para finalizar a actividade estiveron facendo unha posta en común sobre o libro.
As alumnas e os alumnos de 1º ESO recitaron poemas en Castelán que acompañáronos con imaxes.
Clases sen fume
Hoxe visitounos Victoria do programa Clases sen fume. Explicou ao alumnado de 1º ESO os perigos do tabaco. Ao finalizar a charla fixo unhas probas ao alumnado de 1º ESO e tamén aos de Ciclo de Soldadura.
lunes, 25 de abril de 2016
Día do libro
Con este cartaz que fixeron o alumnado de 1º TAPSD conmemoramos o día do libro. Co préstamo ía incluído a degustación das catro receitas que elas cociñaron no centro e un marcapáxinas das receitas.
Por todo o centro estaban colocadas pegadas de libros e películas que marcaron ao noso alumnado e profesorado.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Día do libro
Mención honorífica polo traballo"Arte e xogo feminino ao longo da historia
Acabamos de recibir a nova de que o traballo realizado polo alumnado de 1º ESO: "Arte e xogo feminino ao longo da historia" foi galardoado con Mención Honorífica no IV premio de Innovación Educativa Escolar Viva/ FETE-UGTdun total de 42 traballos presentados dende centros de todo Galicia. O traballo fíxose en coordinación co Equipo de Biblioteca, as titorías e con varios departamento: Lingua e Literatura Galega, Ciencias Sociais, Educación Artística, Francés, Inglés e Educación Física.
viernes, 22 de abril de 2016
Viaxe a Monforte
O alumnado de TAPSD visitou hoxe PRODEME, nas terras de Monforte de Lemos, unha asociación adicada o traballo con persoas con diversidade funcional intelectual coas que realizan diversos talleres de inserción laboral e ocupacional para fomentar a súa autonomía.
A visita mostrounos outro xeitos de atención psicosocial dende o respeto o usuario e a potenciación das súas capacidades.
A visita mostrounos outro xeitos de atención psicosocial dende o respeto o usuario e a potenciación das súas capacidades.
sábado, 16 de abril de 2016
FIFA no Camballón
O Proxecto FIFA é unha actividade impulsada polo Clube da Lingua do IES Marco do Camballon de Vila de Cruces. Con esta iniciativa preténdese promover o uso do Portugués nas novas tecnoloxías e combater os perxuízos e comportamentos sexistas nos videos-xogos e nas actividades deportivas.
Na FIFA 15 en XBox o alumnado preparou un tornero de FIFA programando equipos galegos femininos e masculinos de diferentes categorias, dende o Celta, Ourense ata o equipo feminino de Vila de Cruces, "Cruces FSF"
O Proxecto púxose a andar cunha conferencia do programador informático José Ramón Pichel, da empresa "Imaxin, Factoreia de Software e Multimedia" sobre a internacionalidade da nosa llingua e as novas tecnoloxías.
viernes, 15 de abril de 2016
Visita EPA Piñeiral
Onte visitáronnos a EPA Piñeiral de Arzúa. Presentáronnos o ciclo de Panadaría, repostaría e confeitaría. As receitas que se elabormos no MasterPREC foron sinxelas pero creativas e innovadoras, buscando traballar coas distintas texturas, sabores e cores ata acadar o produto
desexado. Foi toda unha experiencia, moitas grazas!!.
miércoles, 6 de abril de 2016
Visita ao Museo de Historia Natural
O alumnado de 3º ESO e 1º BAC visitaron o Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela. Este museo foi fundado por Luis Iglesias, profesor de ciencias no ano 1840-41.
Aspectos que se mostran:
- Evolución da ciencia representada por unha árbore.
- Ecosistemas: bosque Atlántico (fraga), lagoa, río, mar, solo e costa.
- Biomas: selva, sabana.
- Xeoloxía: rochas, minerais e meteoritos.
- Fósil: e ósos de mamut lanudo.
- Actividade práctica: clasificación de mamíferos disecados por tamaño, dieta... utilizando tableta.
Aspectos que se mostran:
- Evolución da ciencia representada por unha árbore.
- Ecosistemas: bosque Atlántico (fraga), lagoa, río, mar, solo e costa.
- Biomas: selva, sabana.
- Xeoloxía: rochas, minerais e meteoritos.
- Fósil: e ósos de mamut lanudo.
- Actividade práctica: clasificación de mamíferos disecados por tamaño, dieta... utilizando tableta.
miércoles, 30 de marzo de 2016
Visita de Xurxo Mariño
Hoxe veu o centro Xurxo Mariño para falar dunha viaxe a máquina da mente e
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Xurxo Mariño
martes, 29 de marzo de 2016
Reciclando con TAPSD
Dentro do módulo de Apoio Domiciliario desenvolvemos diversas actividades sobre a reciclaxe no fogar.
Este curso demos un paso máis cara a diante concienciando ao alumnado sobre os pequenos grandes contaminantes: as cabichas e os chicles.
Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.
Hoxe presentamos na aula Manuel Dobarro do IES esta pequena e humilde peza audiovisual que fixeron co Clubeda Lingua: Non ao acoso nin nas aulas nin en ningún outro ámbito da vida.Non ao acoso.
Unha produción conxunta do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón e Canto Ghalpón contra o acoso escolar.
A curtametraxe pretende sensibilizar á comunidade escolar diante do problema do acoso escolar e pon a súa atención no campo das agresións verbais, insultos, prexuízos e discriminacións.
Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua. Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais. O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.
Co lema "Non olles a outro lado", a curtametraxe contou coa participación no guión e na interpretación do Clube da lingua. Canto Galpón é un colectivo de humor na internet formado por xente nova de Vila de Cruces. A súa páxina http://cantoghalpon.gal/.
Este proxecto é o resultado da implicación do Clube da Lingua-Equipo de Normalización no proceso de elaboración do Plan de Convivencia do IES Marco do Camballón impulsado pola propia comunidade escolar. Estímase que un 7% do alumnado galego sofre acoso escolar e este audiovisual procura concienciar para a participación do alumnado na resolución de conflitos relacionados con este tema de violencia entre iguais. O Clube da Lingua ten como obxectivo a elaboración de proxectos de participación social para a normalización da lingua galega e significa o IES de Vila de Cruces como un dos centros máis innovadores no fomento da lingua para a mellora da calidade educativa, polo que ten recibido diversos recoñecementos institucionais e sociais.
viernes, 18 de marzo de 2016
TEATRO SMOKE CITY
TEATRO SMOKE CITY
Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é o tabaquismo e as súas consecuencias a longo prazo na vida dos consumidores.
Smoke City é o paraíso do fume, onde se desenvolve unha historia de acción entre gansters e policías.
martes, 15 de marzo de 2016
Voz Natura
Hoxe o alumnado de primeiro de ESO foi plantar nas zonas verdes do noso instituto.
martes, 8 de marzo de 2016
8 de marzo
Despois de preparar cas nosas voluntarias da Biblio os lazos para ese día, hoxe tamén non acompañou Pilar Díaz, Secretaría de Igualdade, a darnos unhas charlas sobre violencia de Xénero que nos impactou.
Moitas grazas BB por a túa visita.!!
O alumnado de 1º ESO traballaron as mulleres e os xogos.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Charla,
Día da Muller
lunes, 7 de marzo de 2016
Semana da Muller no Camballón
Esta semana no Camballón, baixo o lema: O DÍA DAS LOITADORAS SON TODOS OS DÍAS, adicámoslla a todas as loitadoras de todos os continentes, separadas por fronteiras (nacionais e internacionais) e diferenzas (étnicas, lingüísticas, culturais, políticas, económicas...) buscan acabar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento no mesmo grao en que o teñen os homes. Elas son e serán parte importante da nosa historia, son corredoras de fondo que buscan acadar a verdadeira igualdade e erradicar a violencia de xénero.
O día 8, coincidindo, coa conmemoración do Día Internacional da Muller, terá lugar na aula Manuel Dobarro varias charlas sobre este tema impartidas por unha experta nesta horario:
De 9.50- 10.40:3º, 4º, 1º e 2º Bac
De 10.40- 11.30: Ciclos de TAPSD e 1º e 2º Soldadura e 1º e 2º FPBásica
Poderán asisitu todas aquelas persoas da Comunidade Educativa que estean interesadas.
Queremos recoñecerlle a nosa loitara todas as cousas que día a día fai e que iremos colgando na súa silueta.
O alumnado de primeiro de ESO van rendirlle unha merecida homenaxe a algunhas mulleres que destacaron nos xogos, tanto de mesa como en xogos olímpicos e que pretendemos difundir a todas a comunidade educativa ao longo desta semana.
Animámonos a participar e coñecer as distintas actividades!!.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Día da Muller
sábado, 5 de marzo de 2016
Certame de Regueifas de Valadares 2016
Nuria Penas, Noa Guzmán,
Miguel Alonso e Rubén Pardo, -e com a baixa de última hora de Vicente o
Cuco- deixarom bem representado o nosso IES no Certame de Regueifas de Valadares 2016. Grazas á
Asociación ORAL, ao Servizo de Normalización do Concelho de Vigo, a Marta
Souto, a Pinto de Herbón, Luis o Caruncho e Carlos Alonso. Tamém a
Manolo Maseda, con quen participamos no proxecto Regueifesta, que
representando ao IES de Baio, formou parte do jurado.
A cultura é aventura!!!
A cultura é aventura!!!
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Concurso,
Regueifas
martes, 1 de marzo de 2016
Segunda sesión de Mediación
Hoxe volveuse a reunir o noso grupo de Mediciacion. Compartimos comida, tertulia e outra tarde inmemorable cos compañeiros do IES Chamoso Lamas de O Carballiño. Moitas grazas por estas sesións onde compartimos, divertímonos, aprendemos e sobre todos convivimos!!
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Convivencia,
Mediciación
Presentación do libro Tattoos da Galiza
Os compañeriros e compañeiras do clube da Lingua fixeron onte unha triple presentación do libro Tattoos da Galiza. Pola maña presentáronnos no libro no instituto e pola tarde na librería Alvarellos de Lalín e librería Lila de Lilith de Santiago de Compostela. Na presentación estivo Julieta Penas, Tania Plaza, Eloy Hervela, Niko Alvarellos e Uxío Novo. No libro recóllense máis de 200 fotos que reflexan a Galiza que levamos tatuada na pel.
Parabéns compañeiros/as do Clube da lingua por ese gran proxecto!!!
Parabéns compañeiros/as do Clube da lingua por ese gran proxecto!!!
sábado, 27 de febrero de 2016
Visita ao estaleiro de Navantia
Os alumnos de 1º e 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixeron unha visita guiada polos estaleiros de Navantia en Ferrol
onde puideron comprobar todo o proceso que se leva a cabo na construción naval.
En primeiro lugar recibiron
unha charla sobre o compromiso coa calidade do sector naval, dende os operarios
ata os directivos e como grazas a esa calidade se reducen os custos e os
prazos.

A visita rematou no museo
do estaleiro, onde fixeron unha pequena achega á historia do estaleiro de
Navantia e como foron mellorando os medios na construción naval.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Navantia,
Soldadura
viernes, 19 de febrero de 2016
Visita de Canto Ghalpón
Hoxe tivemos a visitas de ex-alumnado que forma o equipo Canto Ghalpón!
Falaron de humor, internet, audiovisual e de moito mais.
Gravaron en unha curta onde participaron algúns alumnas e alumnas que vai dar que falar!! Tamén pasaron polo laboratorio de Física e Química para gravar un dos seus episodios de vinte minutos.
Ex-alumnado do que nos sentir orgulhos@s. Moitas grazas por esta visita. Aquí podedes visitar a súa páxina.
Gravaron en unha curta onde participaron algúns alumnas e alumnas que vai dar que falar!! Tamén pasaron polo laboratorio de Física e Química para gravar un dos seus episodios de vinte minutos.
Ex-alumnado do que nos sentir orgulhos@s. Moitas grazas por esta visita. Aquí podedes visitar a súa páxina.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Canto Ghalpon,
Visita
jueves, 18 de febrero de 2016
Convivencia no Camballón
Esta tarde vai ter lugar no noso instituto unha xornada de formación para alumnado e profesorado sobre mediación.
E así pasou unha tarde moi animada onde aprendemos moitas cousas. Grazas o IES Chamoso Lamas de O Carballiño por esta sesión.
E así pasou unha tarde moi animada onde aprendemos moitas cousas. Grazas o IES Chamoso Lamas de O Carballiño por esta sesión.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Convivencia,
Mediciación
miércoles, 17 de febrero de 2016
Teatro con Cristina Collazo
Hoxe visitounos Cristina Collazo para falarnos do teatro no rural e facer teatro con nós. Estivemos facendo actividades para preparar a aprender a respirar, modular a voz... Pasámolo moi ben, grazas Cris.
Visita de Carlos Meixide
Carlos Meixide compartiu con nos o seu mundo a partir da súa novela "Ons". A presentación correu a cargo de Byron e Noa e Nuria regueifaron.

Este é o libro do que nos veu falar pero...

... na biblioteca tamén tiñamos iste...
E como non, firmou no noso libro de visitas. Moitas grazas Carlos.

Este é o libro do que nos veu falar pero...
... na biblioteca tamén tiñamos iste...
E como non, firmou no noso libro de visitas. Moitas grazas Carlos.
Etiquetas:
Actividades complementarias,
Charla,
Galego,
Meixide
martes, 16 de febrero de 2016
Proxecto Boina na escola Mestre Mateo
O alumnado do IES Marco do Camballón presenta o proxecto "Modernízate: pon boina" na escola do Mestre Mateo. O alumnado de fotografia
da Escola Mestre Mateo vai fotografiar xente con boinas decoradas polo
alumnado de xoería. Grazas a Antía Vicente, alumna do CS de Fotografía.
Etiquetas:
Actividades extraescolares,
Proxecto Boina
Suscribirse a:
Entradas (Atom)