No día de onte levouse a cabo unha actividade na cal o noso alumnado de 2º ESO puido especializarse no manexo da radio como ferramenta comunicativa. A formación foi levada a cabo por parte de Xerardo e Damián de Ponte nas Ondas e dividiuse nos seguintes puntos:
- En primeiro lugar realizouse un obradoiro de locución no cal os rapaces e rapazas aprenderon a colocar a voz, a entonar e a expresar coas palabras as súas emocións. Quedaron moi sorprendidos polo gran talento de Damián Alonso (actor de dobraxe).
- Na segunda parte da actividade puideron comprobar como editar en Audacity aquelas grabacións que precisan dalgunha modificación para poder sacar o máximo partido a esta ferramenta. Nesta labor foron axudados por Damián e por Xerardo.
- Para rematar a xornada, todo o alumnado participante elaborou un guión de radio e participou como locutor e técnico de mesa de radio dando lugar á creación dun gran programa no cal se trataron diversas temáticas, incluso rematamos cunha interpretación musical da nosa terra.
O noso alumnado ademais de coller máis experiencia coa radio, puido especializarse para en vindeiras actividades poder exercer como formadores dos futuros técnicos e técnicas de Radio Camballón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario