viernes, 8 de mayo de 2020

Leva protección do Club da Lingua

O Clube da Lingua, grazas á colaboración dunha das familias da nosa comunidade escolar*, dispón de 125 máscaras de protección elaboradas artesanalmente.
 
Estas máscaras foron pintadas a man, cortadas e cosidas e son pequenas obras de arte e expresión da xenerosidade cidadá.
 
O alumnado e profesorado do Clube da Lingua elixiu un deseño e unhas palabras representativas da nosa lingua.
 
E decidimos entregar unha máscara do Camballón a cada integrante da comunidade escolar (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente) que envíe un meme sobre a nosa lingua. Aos 125 primeiros memes!
 
Os memes deben ser orixinais (non vale copiar), fomentar o valor da nosa lingua (con retranca, poesía, autoestima, emoción, ideas, etc. e de 125 formas diferentes) e estar escritos correctamente (ollo ás faltas) Non poden ser ofensivos nin sexistas. 
 
Poderanse enviar os memes ao teléfono do coordenador do Clube da Lingua (Séchu). Como máximo, poderase enviar un meme por cada membro de cada família da nosa comunidade escolar. Ou sexa, se sodes tres na casa, tres memes, tres máscaras.**

No hay comentarios:

Publicar un comentario