viernes, 24 de noviembre de 2023

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

No día de hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No noso centro sabedores da importancia de educar na igualdade, levamos toda a semana realizando tarefas en materia de educación e prevención na materia. Así, deron comezo os obradoiros sobre masculinidades diversas co alumnado da ESO, que da man de Marc e traballando en grupo, reflexionaron sobre os estereotipos de xénero e as distintas formas da expresión de xénero, concluíndo na importancia do respecto á diversidade



E proseguindo coa importancia do respecto entre persoas, no día de onte o alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun scape room de prevención da violencia de xénero, descubrindo as palabras clave mediante o traballo colaborativo, para avanzar nas probas e quedar no mellor posto posible. A sesión foi moi produtiva, facendo consciente ao alumnado da importancia das relacións afectivas igualitarias, independentemente do xénero das persoas que conforman a parella.












A xornada de onte rematou coa entrega de pulseiras a todo o alumnado do centro, remitidas dende a Fundación Anar no marco da súa campaña "La violencia de género no tiene edad", nas que se indica o teléfono contra a violencia de xénero para menores de idade (900 20 20 10).



Sen dúbida foi unha semana intensa! Para a próxima continuaremos traballando na materia!



No hay comentarios:

Publicar un comentario