sábado, 14 de diciembre de 2024

Ravegueifa

 Experimentando con novos xéneros musicais: a Ravegueifa.

O alumnado do IES Marco do Camballón desenvolveu un proxecto para improvisar cantando en verso con base de rave, electrónica. coa colaboración de Sam Dharma, Luama Son Sistema.

Improvisan África, Tiziana e Manuel Mella das Cruces: Maré  a Muda e Joana de Toba de Compostela; Manuela Quinteiro e Sam Dharma nas pandeiretas.

Sam é veciño de Ferreirós en Vila de Cruces. É un "Trasno Trad da Galiza" que fai música galega de herdanza tradicional de forma sintética, con espírito agropunk technohippytano e alma universal. Fai música para rave.

Agradecer as fotazos de José Ramón Moire.





No hay comentarios:

Publicar un comentario