O alumnado de 3º d ESO asistiu o venres a un obradoiro sobre os mitos do amor romántico impartido pola psicóloga Talía Costa, de psicoaprendizaxe.
A actividade está incluída no proxecto da biblioteca que durante este trimestre estará centrado no coidado persoal.
Despois dunha aproximación teórica ao amor romántico o alumnado traballlou en grupos. Realizaron dous xogos, a ruleta e o termómetro, a través dos que debatiron sobre as ideas preconcebidas que cada un tiña en relación o amor romántico. A actividade permitiu ao alumnado reflexionar sobre a importancia do autocoidado e do desenvolvemento de relacións persoais saudables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario