viernes, 23 de mayo de 2025

Club de lectura e a organización clandestina The Mother

Iniciamos a xornada arriscando a nosa vida para salvar xudeos axudando á organización clandestina The Mother. Fomos convocados na estación do ferrocarril de Ribadavia onde empezou a nosa aventura.

Interpretamos coordenadas, seguimos pistas, descubrimos enigmas e coñecemos a historia e o patrimonio da vila.

O xogo estaba ambientado na historia das Irmáns Touza, Lola, Amparo e Xulia que entre 1940 e 1945 puxeron as súas vidas ao servizo da liberdade e da dignidade humana. Asumiron un grande risco para liberar aos centos de xudeus polo son consideradas as Schindler Galegas. A actividade foi organizada por Natalia e Gema de Xogando coa Historia, Rutas e Retos.

O noso interese pola historia de estas irmáns parte do libro Memoria do silencio, lectura compartida polos distintos grupos este curso.


Ao finalizar o xogo visitamos o Castelo dos Sarmiento e o Museo Sefardí. Rematamos a xornada relaxándonos nas Termas de Prexegueiro onde coñecemos a Jakson, un gatiño moi sociable!

Moitas grazas ao grupo do Club de Lectura pola súa implicación e o seu comportamento exemplar!

Xa sabes, ler ten premio, o próximo curso tes que apuntarte ao noso Club de Lectura!






No hay comentarios:

Publicar un comentario