Cada venres, durante o recreo, un grupo de alumnos e alumnas voluntarios reúnese na radio do centro para preparar e gravar o seu programa. Este é o grupo do venres que fan un programa de temática deportiva. Este espazo convértese nun punto de encontro no que comparten a súa afección polo deporte, comentan novas de actualidade, analizan partidos, entrevistan compañeiros e propoñen seccións propias.
A través da radio, o alumnado desenvolve habilidades de comunicación oral, aprende a traballar en equipo e a organizar contidos, ao tempo que reforza valores como o respecto, a cooperación e o espírito deportivo. O programa do venres é xa unha cita habitual que anima os recreos e dá voz ao alumnado, facendo da radio un recurso educativo vivo e participativo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario