domingo, 8 de mayo de 2011

Lois Pereiro I

Como xa sabedes, este ano dedícanselle as Letras Galegas a Lois Pereiro. Para que vos poidades facer unha idea xeral sobre el, déixovos este estupendo vídeo documental que elaboraron no CPI dos Dices.

viernes, 6 de mayo de 2011

UNA DE ROMANOS





Un delicioso paseo pola historia de Roma. Un libro repleto de información, divertido e suxerente...

miércoles, 4 de mayo de 2011

GLADIADORES: EL ESPECTÁCULO

Os sanguentos xogos de gladiadores no circo romano e o mesmo personaxe do gladiador resultan algo atractivo e fascinador, pero pouca xente coñece como eran e como vivían realmente estes singulares loitadores. Este libro recolle toda a información histórica sobre eles e sobre os acontecementos nos que se viron inmersos, sorprendendo aos lectores cunha imaxe moi diferente do que até agora se cría que era ser gladiador na antiga Roma.

martes, 3 de mayo de 2011

LA GRAN AVENTURA DE LOS GRIEGOS

Leónidas, rei de Esparta e comandante dos 300 espartanos que morreron nas Termópilas. Pericles, primeiro home de Atenas e campión da democracia. Alejandro Magno, o xeneral máis famoso de todos os tempos que aos 33 anos conquistara o maior imperio. Estes e moitos máis, como Minos, Dracón, Temístocles, Pitágoras, Sócrates ou Epaminondas, son algúns dos personaxes máis famosos da historia universal, e son gregos.

lunes, 2 de mayo de 2011

LA CANCIÓN DE TROYA


Relata a tráxica e terrible epopea da guerra de Troia, de tres mil anos de antigüidade, unha lenda de amor perdurable, odio inestinguible, vinganza, traizón, honra e sacrifico. Na historia, tan apremiante e apaixonada coma se narrase por vez primeira, os seus protagonistas, Príamo, Helena, o príncipe Paris, Aquiles, Héctor, Ulises e Agamenón, avanzan cara a un destino que nin sequera os deuses poden evitar.