martes, 14 de febrero de 2012

DIARIO DE UN VAMPIRO


Ser un vampiro non é fácil. E menos se tes 15 anos e a moza que che gusta pasa olímpicamente de ti, os teus pais che ridiculizan constantemente diante dos teus amigos e a túa irmá pequena é unha friki de moito coidado. E se encima estás condenado a ter a mesma idade durante o resto da eternidade, a cousa aínda se pon máis chunga...

lunes, 13 de febrero de 2012

VIAXE A LIMOGES

O alumnado do IES Marco do Camballón viaxan dende hoxe 13 e ata o próximo 16 de febreiro a LIMOGES para facer un intercambio co alumnado francés.

Bon voyage!!

EL ORO DEL GLADIADOR


Benvidos á Roma Imperial. Nas termas Fortuna, unha das 800 que existen na cidade, os clientes reúnense para rexoubar, facer negocios e relaxarse. Pero algo máis cócese alí: Didia e os seus amigos pronto descubrirán que a morte do gladiador Globulus nas areas do Coliseo esconde un perigoso segredo, e veranse envolvidos nunha emocionante cazaría polas rúas da antiga Roma. Unha novela de intriga e humor para pescudar todo o que sempre quixeches saber sobre os antigos romanos, pero nunca te atreviches a preguntar.

viernes, 10 de febrero de 2012

POR FAVOR CUIDA DE MAMÁ

Park So-nyo, unha humilde campesiña, foi durante toda a vida unha abnegada nai de familia, unha muller que sempre o sacrificou todo para dar unha educación aos seus fillos. Agora, tras perderse na estación central de Seúl cando ía visitar aos seus fillos á cidade, a súa procura desesperada convértese nun aceso eloxio dos lazos familiares cheo de emoción.

jueves, 9 de febrero de 2012

REACCIONA

Reacciona trata de clarificar e canalizar a pesadumbre dun sector crecente da sociedade española coa crise económica, política e social que estamos a vivir, coa crise do sistema. E varios factores están en xogo: a nosa estabilidade, o equilibrio global, unha xeración de mozas sen futuro e o futuro mesmo. Unha mestura singular de especialistas, un comité de sabios, entre os que destacan José Luís Sampedro ou Baltasar Garzón, que nos brinda dez respostas cunha idea común: a necesidade de tomar postura e actuar, de concienciarnos e espertar pois aínda hai esperanza, hai solucións. Unha cidadanía informada e responsable pode impedir os atropelos. Todos cun mesmo rumbo, cun obxectivo claro: defender a dignidade, a democracia e o ben común. Chegou o momento. O primeiro paso é reaccionar.

miércoles, 8 de febrero de 2012

TEMBLOR

Cando o amor faiche tremer no outono é mellor que o inverno non chegue nunca: as primeiras nevadas poden arrebatarche a quen máis desexas.
Hai anos Grace estivo a piques de morrer devorada por unha manda de lobos. Inexplicablemente, un deles, un lobo de intensos ollos amarelos, salvouna. Desde entón todos os invernos Grace asómase ao bosque e, desde a distancia, lobo e moza obsérvanse.
Cando chega a calor, a manda desaparece e, con ela, ?o seu lobo?. Pero este ano, Grace desexará que o inverno non chegue e que o outono dure para sempre. Coñeceu a un mozo, chámase Sam. É un tipo normal, salvo polos seus ollos.
Son dunha estraña cor amarela.