viernes, 14 de noviembre de 2014

MERSH no Camballón





O vindeiro venres 21 de novembro teremos o pracer de recibir, no IES "Marco do Camballón", a 25 estudantes da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela pertencentes á asociación MEIGA / IFMSA (Medicina Intercambios Galicia / Federación Internacional de Estudantes de Medicina para a Cooperación Internacional).

Trátase dun grupo de alumnas e alumnos dos últimos cursos da carreira que compartirán toda a mañá do venres co noso alumnado de 3º e 4º de ESO, impartindo docencia e realizando talleres sobre Sexualidade e Saúde Reprodutiva e Primeiros Auxilios e Soporte Vital Básico.

Estamos a falar do proxecto MERSH (Hospital de Educación Médica, Sexualidade e Saúde Reprodutiva) que naceu en Santiago, en marzo do ano pasado, da man de Paula Rodríguez Molino, a coordinadora do grupo.
Esta actividade ten as súas orixes noutra, que realiza tamén a asociación MEIGA, dirixida a alumnado de educación infantil e primaria: o Hospital de Osiños de Peluche (TBH, Teddy Bear Hospital).


Mais, a diferenza do Teddy Bear Hospital, que é unha actividade realizada tamén noutros países, o Hospital de Educación Médica, Sexualidade e Saúde Reprodutiva é unha iniciativa de MEIGA sen parangón no mundo. E as perspectivas de futuro desta asociación en relación ao MERSH son ben ambiciosas: por unha parte, levar o seu proxecto ao máximo número de centros educativos e a todas as provincias da nosa comunidade (en Pontevedra estréanse co IES "Marco do Camballón") e, por outro lado, que o seu Hospital sirva de exemplo para que outras universidades, tanto no ámbito nacional como internacional, comecen a levar a cabo iniciativas semellantes.




Lembrade que a vindeira semana comeza unha nova fase do CambaNet.
 O Departamento de Educación Físca será o encargado de formular as seguintes catro cuestións, algunha delas relacionada coa temática da actividade MERSH.


martes, 11 de noviembre de 2014

Día da Ciencia en Galego

Máis actividades no mércores 5 de novembro: Videoconferencia de Manuel Caeiro polo día da Ciencia en galego. Boa parte dos centros escolares galegos conectados en rede polas interesantes explicacións deste profesor universitario sobre o mundo da informática.

Entrega premios "Xadrez con Castañas"

Aquí tedes unhas imaxes do pasado mércores 5 novembro na entrega de premios aos gañadores do anterior torneo "Xadrez con Castañas" . Non o penses máis e participa no Xadrez con Lotaría! 



Noraboa!!

Ganadoras da Ginkana

O mércores 5 de novembro foi día de premios! Este é o equipo gañador da Ginkana celebrada o día do magosto!
NORABOA RAPAZAS!

O Magosto



XA CHE TARDABAN AS FOTOS DO MAGOSTO?   ENTRE XOGOS, POSTRES E XADREZ FÓISENOS O TEMPO VOANDO, E PASÁMOLO BEN, EH!




lunes, 10 de noviembre de 2014

Xaque mate!


XAQUE MATE!!!!!!!
QUE HAI QUE APRENDER PARA DICIR ISTO???????

INICIACIÓN AO XADREZ

As persoas que desexen coñecer as nocións básicas de xadrez poden acudir no recreo dos luns á aula 106

Os contidos iniciais son os seguintes:
1. O taboleiro, as pezas e o seu movemento.
2. A captura.
3. Obxectivo do xogo. Principios de desenrolo.
4. O xaque. O enroque.
5. O Rei afogado. As táboas.
6. Anotación alxébrica da partida.
7. Mates básicos: Dama, dúas torres, torre.


INSCRIPCIÓN  NA  AULA 106 (DURANTE OS RECREOS) OU FALAR CON MANUEL LUGO