O venres 17 tivemos unha sesión impartida por Montse sobre a Avea e as súas propiedades. Tamén non falou dos elementos que debería incluír un almorzo saudable. Un exemplo de almorzo saudable que non vai aportar moita enerxía son Gachas de avea e probaron o bo que estaba combinación de alimentos.
viernes, 17 de enero de 2020
miércoles, 15 de enero de 2020
Curso de especialización no manexo da radio
No día de onte levouse a cabo unha actividade na cal o noso alumnado de 2º ESO puido especializarse no manexo da radio como ferramenta comunicativa. A formación foi levada a cabo por parte de Xerardo e Damián de Ponte nas Ondas e dividiuse nos seguintes puntos:
- En primeiro lugar realizouse un obradoiro de locución no cal os rapaces e rapazas aprenderon a colocar a voz, a entonar e a expresar coas palabras as súas emocións. Quedaron moi sorprendidos polo gran talento de Damián Alonso (actor de dobraxe).
- Na segunda parte da actividade puideron comprobar como editar en Audacity aquelas grabacións que precisan dalgunha modificación para poder sacar o máximo partido a esta ferramenta. Nesta labor foron axudados por Damián e por Xerardo.
- Para rematar a xornada, todo o alumnado participante elaborou un guión de radio e participou como locutor e técnico de mesa de radio dando lugar á creación dun gran programa no cal se trataron diversas temáticas, incluso rematamos cunha interpretación musical da nosa terra.
O noso alumnado ademais de coller máis experiencia coa radio, puido especializarse para en vindeiras actividades poder exercer como formadores dos futuros técnicos e técnicas de Radio Camballón.

martes, 14 de enero de 2020
Entrevista compañía a Panadaría
O pasado 19 de decembro de 2019, a compañía de teatro A PANADARÍA representou, de xeito aberto para toda a comunidade educativa do centro, a obra Elisa e Marcela.
A función pretendía servir como unha acción de sensibilización en materia de igualdade e recoñecemento de dereitos para o colectivo LGTBI. Como sabedes, a obra conta a historia de amor de dúas mulleres lesbianas galegas, Elisa e Marcela, que, a principios do s. XX, conseguiron contraer matrimonio en contra da moral hipócrita dominante naquela sociedade (e que, lamentabelmente, chega aos nosos días). Polo seu amor foron perseguidas, derivaron a Portugal, onde foron encarceladas, e finalmente tiveron que emigrar a Arxentina, onde se lles perde a pista.
Antes da función puidemos entrevistar ás actrices que a protagonizan, Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kéndelman. Velaquí vos deixamos o vídeo con contido completo. Agardamos que vos guste!
jueves, 9 de enero de 2020
viernes, 20 de diciembre de 2019
Elisa e Marcela
Onte asistimos a representación da compañía Panadaría da obra Elisa e Marcela. Conta a historia real do amor de dúas mulleres. Elisa e Marcela coñécense no 1885, e o que comeza sendo unha grande amizade acaba sendo unha relación amorosa que deben vivila a escondidas. Elisa faise pasar por un home, Mario, e pódense casar. Posteriormente teñen que abandonar Dumbría a onde non poden voltar. Estiveron en Oporto onde as tiveron no cárcere por falsedade en documentos e logo foron a Bos Aires.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)