Hoxe tivo lugar un taller de esmaltado de figuras realizadas no IES.
viernes, 6 de marzo de 2020
martes, 3 de marzo de 2020
Visita a Lugo
O pasado luns 2 de marzo o alumnado de Latín, Grego, Filosofía e FP Básica viaxou a Lugo onde levou a cabo varias actividades. Para comezar visitamos en Outeiro de Rei o CIAR (Centro de Investigación Aeroportada de Rozas), onde nos explicaron que é, dende cando existe e cal é a función dun centro pioneiro non só no Estado español senón tamén en Europa e que moi poucos coñecen. O persoal do centro deunos todo tipo de explicacións sobre o seu funcionamento, amosáronnos as instalación nas que puidemos ver, ademais dalgúns avións non tripulados, tamén o motovelero Stemme e desveláronnos a existencia dun interesante ciclo formativo superior de mantemento aeromecánico que se pode cursar no CIFP As Mercedesen Lugo.
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/rozas-orgullo-lugo-nos-situara-epicentro-europa/202002211311051424550.html
Despois fomos ata o centro de Lugo para visitar no Antigo Cárcere a exposición sobre a Serie Amarilla do pintor ourensán Xaime Quessada. Nesta serie, o artista emprega como fío condutor a cor amarela para presentar dun xeito que sorprende ao espectador, inicialmente condicionado pola luminosa cor cara a unha temática amable, un conxunto de cadros onde se suceden distintos episodios de sufrimento humano como a represión da ditadura de Videla, o xenocidio da guerra dos Balcáns, os naufraxios de pateras no Mediterráneo ou a invasión de Irak. Ás emocións e sensacións que suscita a exposición, súmase o efecto de opresión que causa o feito de que as obras estean expostas en sucesivas celas do cárcere.
https://www.facebook.com/1657604821119097/posts/onte-o-alumnado-do-ies-marco-do-camballon-de-vila-de-cruces-disfrutou-da-visita-/2509610629251841/
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2509610629251841&id=1657604821119097
Finalmente, visitamos o Centro de Interpretación da Muralla onde por medio do visionamento de dous vídeos se nos informou da historia desta construción bimilenaria e de como a cidade de Lugo cubriu de libros unha muralla pero descubriu un Monumento Patrimonio da Humanidade, nun poético e exitoso exemplo de colaboración cidadá na procura dun ben común.

lunes, 24 de febrero de 2020
O xardín de Rosalía
Para celebrar o día de Rosalía na Biblioteca imos sementar un xardín cos seus poemas.
ESCRIBE UN VERSO DE ROSALÍA NA FLOR E COLOREA
Este ano na Biblioteca celebramos o Día de Rosalía prantando un xardín cos seus poemas.
O alumnado escribiu un verso de Rosalía nunha flor e pintouna de cores. As creacións instaláronse nunha maceta na entrada do centro. Este colorido xardín serviunos para recordar a figura da poeta.
sábado, 22 de febrero de 2020
Entroido
Que é o Entroido sen algo de risco!!. Calquer cousa é posible se tes suficiente coraxe...e así o demostraron o equipo do Biblioteca. Por iso Harry Potter foi aceptado no Marco do Camballón e douse así o comezo do festival.
Durante a xornada, despois dunhas sesións de clase pasouse a parte lúdica onde todo o centro participou por equipos en diversos xogos e despois douse paso ao concurso de disfraces e comparsa. Aquí vai un breve resumo do que se disfrutou nesta xornada. Que viva o entroido!!
miércoles, 19 de febrero de 2020
Visita á Biblioteca municipal
O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas para coñecer un pouco mellor os horarios, funcionamento e os servizos que presta. Asemade aproveitamos a visita para facer os carnets de lector a todo a alumnado que o desexou.
IV Encontro de Entroido
Onte tivo lugar o Encontro de Xenerais do Ulla que ano tras ano se celebra na comarca que que cada ano organiza un dos centros que participa. Este ano foi o organizador o CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces.
Actuaron os Xenerais do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira, empregando os traxes do seu entroido, mentres que os Xenerais do CEIP de Merza e do IES Marco do Camballón empregaron as vestimentas da Asociación Cultural "O vellos dos Cornos" de Merza. O alumando do Camballón tamén participou con tres parellas de mouros e un grupo de alumnado que regueifaron.
As parranda correron a cargo do CEIP de Cerdeiriñas e Nosa Señora da Piedade.

Viva o entroido!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)