
Dúas parellas citáronse a cear nun moderno e exclusivo restaurante de Ámsterdam. Mentres saborean o aperitivo e charlan con aparente despreocupación sobre a última película de moda e os seus plans para as vacacións, son conscientes de que, tarde ou cedo, deberán abordar o incerto e perentorio asunto que os levou a reunirse: o futuro de Michel e Rick, os seus fillos de quince anos, que segundo algúns indicios poderían estar envoltos nun caso de violencia grave. Así pois, tras as sobremesas, cando a cea chegue aos seus últimos compases, a tensión entre os comensais alcanzaría o seu punto culminante e a cadea de segredos e revelacións confluirán nun final dramático no que ninguén poderá esgrimir a súa inocencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario