Neste libro de Xabier P. Docampo nárrase a historia de Alicia, unha rapaza moi traste e que lle gustao saber, coñecer e experimentar. Cando
Alicia e os seus amigos, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se
afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus
xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas
paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que
trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida
familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer de
Alicia levará a panda a amigarse con Pumariño que vivía nunha
casa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios… Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos
poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día,
Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de
pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o
labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar
dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só
se pode albiscar do outro lado dos cadros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario