Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano
artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa
Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na
fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida.
Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver
uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de
construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de
A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca
da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de
hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas
Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un
ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas
posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario