miércoles, 16 de enero de 2013

ANIMAR A LEER DESDE LA BIBLIOTECA

Este libro é froito da experiencia profesional do autor como bibliotecario e experto en Literatura Infantil e Xuvenil. Aquí comeza pola análise da biblioteca, a súa organización e como facer para que o bibliotecario desempeñe mellor as súas tarefas; continúa suxerindo numerosas iniciativas e actividades para a animación á lectura e conclúe ofrecendo unha rica documentación sobre libros e autores de Literatura Infantil e Xuvenil. 
Os destinatarios desta obra son bibliotecarios e bibliotecarias, e profesorado de distintas etapas; pero tamén todas aquelas persoas con inquietudes pola lectura e interesados en espertar afeccións lectoras entre os máis novos. Para eles quere ser un manual de consulta na aula, o fogar e a biblioteca. 
O autor combina a teoría coa práctica, as opinións persoais coas de quen reflexionaron profesionalmente sobre o tema ou son autores de libros para a infancia e a adolescencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario