Con Oliver Twist dá inicio Charles Dickens á literatura dedicada especialmente aos adolescentes. Posuíndo un marcado compoñente autobiográfico, esta novela relata as aventuras dun neno que debe desenvolverse nun mundo inhóspito, onde tanto a bondade como a maldade son pan de cada día; pero demostra tamén que se teñen principios éticos sólidos, é posible reverter o infortunio e alcanzar mellores condicións de vida. Unha fermosa e sensible historia, cuxos personaxes reflicten a problemática social presente en todas as épocas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario