miércoles, 22 de abril de 2015

Día do libro


 E, que era esa cabina do corredor da 2ª planta?
Un galiñeiro, unha sala para relaxarse despois do traballo ou un espazo de lamentacións na intimidade para o alumnado acorado polos exames. Estas e outras respostas nos destes cando vos preguntamos pola posible función desa estrutura que pouco a pouco ía montando o alumnado de Soldadura.
Logo veu a xente de Plástica de 4º e transformou a "fachada principal" na portada dun manual de autoaxuda para vagos. Aí o tedes: é un libro xigante no que queremos que entredes para contarnos calquera cousa que queirades compartir sobre as vosas lecturas: personaxes, autores, sensacións, críticas, gabanzas, libros ou películas... de xeito individual, por parellas ou en grupos (reducidos, que o espazo é mínimo!). 

Aquí tedes unha mostra para ir quentando motores:





Entrade na dimensión literaria e deixade a vosa testemuña!

Para que vos podades gravar, haberá unha cámara e un trípode na cabina durante os recreos e alguén do equipo de colaboradoras da biblioteca que resolverá posibles dúbidas.


E estes son os marcapáxinas cos que nos agasllaron as alumnas do Club de lectura despois de ler Las hijas de Tuga de Ricardo Gómez.



Marcapáxinas, un agasallo das alumnas do Club de lectura para o Día do Libro on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario