Leer más publicaciones en Calaméo
Camballón entre liñas.
Acabamos de estrear unha nova canle do centro, que se suma a Tales no
Camballón. Desta volta trátase dun espazo dedicado á lectura que promoveu o
Departamento de Lingua galega. Pretende ir incorporando comentarios, opinións
ou suxestións do alumnado sobre as súas lecturas dun xeito diferente ao
tradicional e tendo o vídeo como soporte. Chámase Camballón entre
liñas e iniciouse cunha serie de book-trailers elaborados polo
alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Xa podedes deixar alí os vosos comentarios
e, por suposto, coller ideas para as lecturas de verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario