Hoxe o alumnado de 4º ESO tivo o placer de asistir a unha sesión de cociña da man de Lucas Requejo na aula do Ciclo medio para coñecer e preparar un Almorzo e merendas saudables.
Partiron dunha autoreflexión sobre o que facemos, porqué o facemos e cal é a consecuencia na nosa saúde. Como e cando funciona o fígado e como influímos sobre o seu funcionamento. Importancia do almorzo e a merenda.
Coñeceron produtos e combinación de alimentos que descoñecían. A panela,
o cacao puro sen azucre, distintos tipos de fariñas. A importancia de
tomar cada día ao ergurese un pouco de auga morna con zume de limón.
Como se poden facer almorzos e merendas con sabor doce sen empregar
azucre. O consumo de produtos de tempada. Os frutos secos. Como non
debemos pasar moitas horas sen inxerir alimentos.
En resume: a alimentación é a acción que nos achega á saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario