O alumnado de FPBásica 1 e 2 e o alumnado de PMAR visitou as instalacións do Centro de Capacitacións Agroforestal de Sergude, onde se cursan estudos de ciclo medio agropecuario e forestal. Unha profesora do centro ensinounos todas as instalacións: a granxa de vacún, os laboratorios, os invernadoiros, a maquinaria, as razas autóctonas de galiñas de Mos e galiña piñeira. o cabalo galego e o porco celta.
Tiveron tamén a oportunidadede ver árbores froiteiras e unha práctica de trepado nas árbores para a poda. Visitaron a residencia de estudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario