O noso alumnado participou no IV Congreso NOSA, celebrado o 10 de febreiro en Santiago de Compostela. NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega é un proxecto colaborativo do que forman parte media ducia de centros públicos galegos, e que se encadra no ámbito STEAM (Ciencias, Tecnoloxía, Artes e Matemáticas).
O congreso deste ano estivo organizado polo IES Xelmírez II e tivo lugar no Auditorio de Galicia. A conferencia inaugural sobre contaminación luminosa correu a cargo do físico da USC Salvador Bará. Contamos coa presenza da conselleira de Educación, Carmen Pomar, que se dirixiu aos asistentes antes de dar paso á mesa científico-tecnolóxica.
O noso instituto achegaba dous relatorios: Microorganismos extraterrestres, de Lucía Pampín e Iván Fernández, e que explicaba os resultados dos dous experimentos biolóxicos que viaxaron na MarumaSat IV; Intervalos preditivos na detección de muóns, de Laura Domínguez, Christian Souto, Vicky Rivas e Alba Lareo, que explicaba o procedemento de estimación de intervalos a un certo nivel de confianza a partir dos datos do detector de muóns instalado na cápsula.
A xornada completouse cun recital poético-musical sobre mulleres astrónomas a cargo da poeta Estíbaliz Espinosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario