martes, 28 de febrero de 2023
Xadrez
lunes, 27 de febrero de 2023
Le Tour du Monde de Nellie Bly
O alumnado de francés de 2º, 3º e 4º da ESO foron ver unha obra de teatro a Santiago de Compostela. Tratábase de "
Le Tour du Monde de Nellie Bly", na que se facía especial referencia a viaxe de Phileas Fogg ao redor do mundo. Tamén nos amosou que unha muller puido realizar esa viaxe, esa "volta ao mundo" nunha época na que as mulleres non tiñan os privilexios nin as oportunidades que temos agora. Aínda que a obra era practicamente toda en francés, estiveron moi atentos.
viernes, 24 de febrero de 2023
Castro de Cumeiro
Hoxe estivemos no Castro de Cumeiro cos rapaces e rapazas do IES Marco do Camballón. Durante a mañán falamos sobre as intervencións levadas a cabo no xacemento fai uns meses. Tamén puideron ver reproducción dos materiais recuperados nas excavacións, así como coñecer algo máis a Idade de Ferro e a Arqueoloxía experimental
jueves, 23 de febrero de 2023
Gañadoras concurso de disfraces
Recital de Rosalía
O alumnado de 4º ESO de Relixión, estiveron hoxe na radio, escolleron poemas de Rosalía de Castro e gravaron varios podcast.
O alumnado de 1º ESO de Relixión estiveron traballando poemas deste libro O herbario de Rosalía e recitaron aqueles que máis lles gustaron,
Día de Rosalía
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das citas máis importantes do calendario cultural galego. Unha data que ata agora, e dado o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en que foi bautizada.
Na vida de Rosalía hai algúns feitos que convén coñecer porque deixaron unha fonda impronta no seu carácter, na súa concepción do mundo e, en consecuencia, na súa obra.
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de que a terei?
Folla Novas. Rosalía de Castro.
lunes, 20 de febrero de 2023
Industrias Guerra
O día 8 de febreiro o alumnado de 2º curso de SOLCA participou nunha visita a Industrias Guerra (Vila de Cruces), no marco dunhas xornadas tecnolóxicas organizadas pola deputación de Pontevedra. Alí, fíxose unha visita guiada por todas as instalacións da empresa, onde o alumnado coñeceu de primeira man todo o proceso produtivo, dende que se realizan os planos dun guindastre, ata que esta é vendida ao cliente. Polo tanto, foise pasando polo proceso de corte e organización das diferentes pezas de aceiro que conforman as estruturas, a soldaxe das mesmas, con diferentes tipos de soldaduras (incluso robots de soldadura automáticos), a montaxe, a pintura e demais procesos ata conseguir o resultado final.
Foi unha visita moi enriquecedora para o alumnado, xa que en menos dun mes estarán realizando as súas prácticas nun centro empresarial parecido, polo que puideron comprobar de primeira man o día a día de soldadores e montadores de estruturas de aceiro.
sábado, 18 de febrero de 2023
Entroido interxeneracional na residencia de Vila de Cruces
As alumnas de TAPSD, estiveron traballando arreo estes días. Tras elaborar os disfraces para as persoas usuarias da residencia de Vila de Cruces, realizamos unha xuntanza interxeneracional para celebrar o entroido.
Nesta xuntanza levamos a cabo as técnicas de acompañamento e apoio psicosocial que traballamos na aula.
viernes, 17 de febrero de 2023
Entroido no Camballón
A vida é un Carnaval ...... e para mostra este vídeo do que o alumnado fixo neste venres. Non faltou o desfile de disfraces, atranques de Xenerais do Ulla e as regueifas. Agradecer a Asociación Cultural Vello dos Cornos de Merza por todo o traballo, materiais e complementos que sempre están a disposición do IES Marco do Camballón.
Viva o entroido!!!
O universo do Entroido no Camballón
jueves, 16 de febrero de 2023
Obradoiro de comunicación inclusiva
Investigadora Laura Rubio Lareu
No día de onte a nosa investigadora Laura Rubio Lareu acudiu ao seu antigo instituto, IES Marco do Camballón, como invitada a participar nunha actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (celebrado o pasado 11 de Febreiro).
martes, 14 de febrero de 2023
Na Radio por San Valentín
lunes, 13 de febrero de 2023
Día Internacional da Radio


sábado, 11 de febrero de 2023
Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia
O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia foi proclamado en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e en igualdade de condicións de mulleres e nenas na ciencia.
viernes, 10 de febrero de 2023
Entroido intercentros
Hoxe tivo lugar o encontro de entroido intercentros, onde houbo Xenerais do Ulla dos colexios de Piloño e das Cruces e Regueifeiras do IES Marco do Camballón.
Viva o entroido!!
Visita ao Museo de Pontevedra
Hoxe visitamos o Museo de Pontevedra que conserva unha importante colección de obxectos pertencentes á prehistoria e á historia antiga de Galicia. Puidemos vivir unha aventura explorando o noso pasado e vendo varios obxectos atopados nas Mámoas de Oirós e noutros lugares da nosa contorna.
Plan de Prevención Drogas e Alcohol
Rematamos coas charlas do Plan Director, impartidas pola Garda Civil no noso centro no segundo trimestre. Desta volta, pechamos coas charlas de prevención no consumo de drogas e alcohol impartidas ao alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Formación Profesional Básica. Na adolescencia prodúcense cambios importantes no alumnado, propios da etapa vital que atravesan: egocentrismo, invulneravilidade, o sentido crítico, a identificación cos iguais e a importancia da pertenza ao grupo...Nestas circunstancias, entre outras cousas, o alumnado precisa de información veraz e modelos de identificación positivos que incentiven a responsabilidade cara o o ocio saudable, evitando que asuman riscos ou condutas perxudiciais. En definitiva, trátase de promover unha correcta toma de decisións a través do coñecemento do risco do consumo de certas substancias nocivas para a saúde.
Risco en Internet
O mércores 8 de febreiro recibimos a visita da Garda Civil, que nesta ocasión e no marco do Plan Director, falaron co alumnado de 1º ESO, 2º ESO e Formación Profesional Básica sobre os riscos de internet (ciberacoso, sexting, grooming, importancia da privacidade na rede....).Se ben as novas tecnoloxías e redes sociais teñen aspectos positivos, tamén é certo que é conveniente coñecer os seus riscos para poder evitalos e movernos de forma segura no entorno virtual.
jueves, 9 de febrero de 2023
Expoferr
O alumnado do Ciclo de Soldadura asistiron hoxe en Silleda a unha mostra dos produtos e novidades do sector das ferramentas. Estaban presentes para varias familias profesionais pero destacaban o material do sector metal. Os 9 alumnos de segundo xunto cos seus profes Rocío e Rubén, percorreron os stands vendo algunhas das novidades. Chamoulles a atención a soldadura láser e os EPI's de nova fabricación.
Visita de ORTODEZA
As alumnas do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia contaron coa visita de ORTODEZA, unha empresa que ofrece servizos ortopédicos e de parafarmacia en Lalín e a súa comarca. Tivemos a oportunidade de poder ter un contacto directo con productos de apoio de especial relevancia na atención a Persoas en Situación de Dependencia. Agradecer a colaboración e participación da equipa de Ortodeza.
Amor propio
miércoles, 8 de febrero de 2023
Visita a Casa do Maior de Oliveira
(patrocinadora do proxecto) e exalumna do IES e Vanessa Costas, exalumna do ciclo e emplegada na Casa do Maior. Coñeceron de primeira man as actividades e a programación que alí se desenvolve con 5 usuarios e unha vez máis tiveron a oportunidade de ampliar a súa perspectiva laboral a través do contacto cunha posible alternativa de autoemprego. Dende o centro queremos agradecer a cálida benvida e a gran profesionalidade coa que as anfitrionas recibiron as alumnas.


Cita a cegas coa literatura
martes, 7 de febrero de 2023
Premio de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias
lunes, 6 de febrero de 2023
Cita a cegas coa literatura
viernes, 3 de febrero de 2023
Prevención de condutas infractorias e lei do menor
jueves, 2 de febrero de 2023
Preparando o entroido

miércoles, 1 de febrero de 2023
Charla sobre Acoso Escolar
Esta semana, a Garda Civil volveu visitar o noso centro, nesta ocasión para volver falar sobre o acoso escolar co alumnado de 2º de ESO, continuando así coas charlas do Plan Director para a mellora da convivencia nos centros educativos.