
Visita do alumnado de Proxecto Competencial de horta á cooperativa Milhulloa, de produción de plantas medicinais e aromáticas, sita no lugar do Coto, Melide. O alumnado puido ver as plantacións, o laboratorio e planta de deshidratación de plantas, de xeito especial o deshidratado de Grelos. Desde alí, dada a súa proximidade fomos visitar o Castelo de Pambre no Concello de Palas de Rey e o balneario que se encontra nas ribeiras do río. A visita foi de interese para o alumnado e o profesorado acompañante.
Lemos contos, fixemos debuxos dos contos, rimos e xogamos un montón.
O alumnado de 1º de ESO de Relixión estivo encantado de participar nesta experiencia.
Grazas Ceip Cedeiriñas!!
"A lectura debe ser unha das formas da felicidade e non se pode obrigar a ningunha perso a ser feliz". Jorge Luis Borges.
Feliz día do libro!
Grazas CEIP Nosa Señora da Piedade por esta experiencia!!
"Co fin de valorar a riqueza da diversidade e da interculturalidade, gravamos na titoría dous podcast protagonizados polo alumnado de 3ºESO B. Estes programas inclúen dúas entrevistas que lle fixemos aos nosos compañeiros: Felipe Cheffer e Adams Zubiate. Para a súa posta en marcha, adicamos unha sesión de titoría a elaborar o guión e as cuestións. Na seguinte sesión levamos a cabo a gravación. Grazas a esta actividade aprendimos moito acerca da súa orixe, cultura, e diferentes características dos seus países natais. Agardamos que vos gusten!"
O alumnado de Camballón participou os días 12, 13 e 14 de abril nun encontro con alumnado vasco e catalán, dentro das actividades da Regueifesta.
Ademais, durante estes tres días, o alumnado celebrou unha Galeusca de improvisación oral entre adolescentes de Galicia, Euskadi e Cataluña, con diferentes actividades arredor da música, a sociolingüística e a poesía oral. Coa colaboración do profesorado e das familias, estes tres días continúan, un ano máis, os encontros anuais entre regueifeiras, bertsolaris e glosadores adolescentes. O ano pasado viaxamos ao País Vasco e o ano que vén visitaremos Cataluña. Nestas xornadas, ademais da canción improvisada, poñemos no centro das actividades as nosas tres linguas en proceso de normalización.
O pasado 14 de abril participamos na Gala Regueifesta-Enreguéifate, que reuniu a máis de mil escolares de toda Galicia nun espectáculo de improvisación oral no que o noso alumnado protagonizou diferentes momentos. Regueifamos nas probas de regueifa e formamos a banda do espectáculo. Máis de 30 centros docentes, do Courel a Trives, de Vigo a Vilalba, de Carballo a Burela, encheron un Auditorio que celebrou a gran festa escolar da Regueifa.
O Auditorio de Galicia converteuse nun avión das "Aerolinhas Galegas da Regueifa" e viamos con diferentes improvisadores por Europa, dende a Toscana ou Madeira ata Cuba. Lupe Blanco e Olalla Liñares pilotaron este avión que nos transportou ao mundo da improvisación oral con moita festa e creatividade.
Agradecer o traballo fotográfico feito por José Ramón Moire Silva.
Recordade que temos xa iniciamos o torneo de xadrez Camballón 2023!!! As partidas realízanse durante todos os recreos na aula que está fronte ao taller de tecnoloxía. Para calquera dúbida podedes dirixirvos ao profe Manuel Lugo. Moita sorte a todxs participantes.