Hoxe fixemos o Roteiro con María José Viz, explicounos moitas cousas da súa obra en concreto e de Piloño en particular, grazas a La extraña desaparición de Carolina Santomé que dounos o motivo para coñecer un anaquiño desta parroquia no Concello de Vila de Cruces.Contamos coa compañía de Carmen Lareo, da Fundación Paco Lareo- A Solaina de Piloño, Marga Viz, o alumnado do Club de 4º de ESO e o Club de Adultos.
Foi unha experiencia impresionante. Saímos da casa de Carolina, fomos a parada do bus (a que a protagonista empregaba para ir a Santiago) e pasamos polo 21( hoxe o campo da festa pero antigamente había a feira o 21 de cada mes). Cruzamos a estrada e pasamos pola capela da Angustia para dirixirmos a igrexa Parroquial de Piloño. Máis tarde dirixímonos as escolas vellas (onde estudou os primeiros anos) para logo subir ao grupo escolar (onde remata a formación), hoxe CEIP Cerdeiriñas. Baixamos a a Fundación Paco Lareo para ver fotografías antigas cedidas por: Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño, Familia Viz Blanco, Familia Soto Parcero, Familia Varela Quintela, Asociación Social e Cultural Garatuzas de Piloño, Felipe Fernández Martín, Esther Viz, Suso Varela López, Begoña García Otero e Mari Rodríguez Arteaga.
Grazas a todos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario