Hoxe estivemos de excursión en Santiago. O alumnado de 3° da ESO realizou unha visita guiada ao Parlamento para coñecer as funcións, a organización e a historia desta institución. Accederon ao Salón dos Reis e ao hemiciclo, tamén visitaron as salas onde acontece a actividade institucional. Algúns puideron exercer de parlamentarios e expoñer as súas propostas no hemiciclo. A xornada rematou cunha visita á zona vella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario