jueves, 20 de marzo de 2025

Queredes viaxar con nós á Prehistoria?

 


Os alumnos e alumnas de 1º ESO están poñendo en marcha a máquina do tempo para que poidades desfrutar dunha ollada ao pasado a través dos seus restos materiais. Neste proxecto, o noso alumnado está a demostrar toda a súa creatividade e coñecementos sobre a Prehistoria para facer un museo na aul
a. Cada grupo está a realizar réplicas das principais ferramentas empregadas polos homes e mulleres do Paleolítico e do Neolítico. Se queredes ver o resultado final estade atentos ás redes!










No hay comentarios:

Publicar un comentario