miércoles, 21 de mayo de 2025

Viaxamos á estratosfera na MarumaSat VII


Onte o alumnado de 1º BAC participou no lanzamento da MarumaSat VII. A cápsula subiu á estratosfera até acadar os 35128 m, para aterrar posteriormente ao sur de Lalín. O grupo de rescate conseguiu localizala preto das 17 h. Nunha primeira inspección, todos os dispositivos e experimentos chegaron en perfecto estado, así que agora toca analizar datos e sacar as conclusións correspondentes. 



O alumnado do noso centro asumiu varias tarefas importantes. A primeira delas ten que ver co seu experimento científico, cuxo obxectivo é obter a través da trigonometría unha aproximación do radio terrestre a partir das imaxes tomadas pola cámara de a bordo. 









Por outra banda, durante o lanzamento o alumnado dividiuse en dous grupos: un encargado do inflado de globo e atado do paracaídas e a cápsula; e o outro á fronte da emisión en directo do lanzamento na canle de youtube da NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. Un equipo de tres alumnas tamén participou na misión de rescate da cápsula que se organizou tras o despegue e que se desprazou até Lalín. 





O profesorado do proxecto quere recoñecer o compromiso e enerxía do alumnado de 1º BAC, así como a solvencia coa que souberon resolver todo o proceso. Tamén valora a súa actitude responsábel e agradece enormemente a boa disposición coa que asumiron o reto.







No hay comentarios:

Publicar un comentario