martes, 2 de septiembre de 2025

A Biblio: un espazo para a arte e a creatividade

Este curso comezamos unha nova etapa na biblioteca, cunha imaxe renovada que busca reflectir mellor o seu papel como espazo de encontro, aprendizaxe e inspiración. A súa transformación non é só visual: é tamén unha declaración de intencións, un convite a vivir a biblioteca como un lugar onde o coñecemento e a creatividade van da man.

Neste contexto, encaixa á perfección o noso proxecto “Somos artistas”, co que queremos potenciar a expresión artística, a sensibilidade estética e a capacidade de crear e compartir. A biblioteca convértese así nun escaparate para as nosas obras, pero tamén nun taller de ideas, onde o arte se mestura coa lectura, coa escritura e coa imaxinación.
A nova imaxe da biblioteca non é máis ca un reflexo do que queremos ser: un centro vivo, dinámico, no que cada quen poida descubrir o seu lado máis artístico. Porque todas e todos levamos dentro un pouco de artistas… e aquí temos un lugar onde expresalo.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario