María Vinyals, unha aritócrata que desafiou ao seu tempo. Escritora, feminista, pintora, feminista e xornalista. Nacida o 14 de agosto de 1875 no castelo de Soutomaior.
Co obxectivo de difundir a vida e a obra de Vinyals, coñecida como ‘Marquesa Vermella’ polo seu activismo social, o Concello de Soutomaior ten previsto toda unha serie de actividades que comezaron o pasado 14 de agosto e que se van desenvolver ata o próximo 14 de agosto de 2026. O congreso internacional do próximo 25 de outubro será o acto central deste programa.
Na semana das escritoras, queremos facer unha mención especial á figura desta muller pioneira do feminismo e inxustamente esquecida. O libro María Vinyals, Un talento rebelde, de Isabel Blanco, con ilustracións de Luz Beloso é un dos que lemos todos os cursos nos nosos clubes de lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario