"É marabilloso ver a xente das Cruces aí arriba, que somos magníficas, que somos terra de cultura", dixo Nuria Penas na estrea do documentario "Regueifando con pracer".
Con ela, como podemos ver no vídeo están África Garcia, Marta Iglesias e Manuela da Brea, a representar o Caballón.
O pasado 22 de novembro presentouse na Sala Numax, en Compostela, o filme "Regueifando con pracer", gravado no Camballon, entre outras localizacións, con alumnas do noso instituto. Foi un momento emocionante e cheo de orgullo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario