jueves, 20 de noviembre de 2025

Somos artístas. Guernica


O alumnado de 2º de ESO B rematou a decoración da súa aula! Que vos parece? De que pintor é a obra que elexiron?
O cadro Guernica é unha das obras máis coñecidas do pintor español Pablo Picasso e un dos símbolos universais contra a guerra. 






Foi pintado como reacción ao bombardeo da vila vasca de Guernica, ocorrido durante a Guerra Civil española, no que a poboación civil sufriu unha destrución brutal.

Nesta escena caótica aparecen varias figuras cheas de sufrimento: unha nai chorando co seu fillo morto nos brazos, un cabalo ferido, un touro, persoas atrapadas entre as chamas e corpos esnaquizados. Ningunha figura aparece tranquila; todo expresa medo, violencia e angustia.

Picasso non representa o ataque de maneira realista, senón a través dun estilo cubista e expresionista, utilizando formas fragmentadas e xestos moi marcados para impactar emocionalmente no espectador. O cadro non fala só dun feito concreto, senón que se converte nunha denuncia de todas as guerras e da violencia contra persoas inocentes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario